Sen título
Tono Arias
Duci, Allariz, 1965
É fotógrafo de prensa ata 1993, colaborando en varios xornais e revistas de ámbito local e nacional. Na actualidade dedícase á fotográfia noutros campos profesionais: publicidade, editorial, industrial e artística; como exemplo desta última, a súa recente carpeta Compostela 2000, con oito composicións fotográficas da capital galega.
Exposición: OLLARES DE AQUÍ E ALÉN MAR |
|
|
Da serie
"En busca dun futuro II"
Dous nenos orfos afectados polo VIH no orfanato de Nyumbani. Kenia
Cristian Baitg Schreiweis
Barcelona, 1972
Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade Autónoma de Barcelona. Colaboracións periodísticas con Avui Diumenge, Altaïr, Estrella, Epicur... Fundador e membro actual da productora fotográfica Cactus Photo. Na actualidade está na realización de dous proxectos paralelos: un sobre as condicións de vida de diferentes orfanatos no mundo e outro sobre os peregrinos relixiosos.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE 99
|
|
Sen título
Luis Botana
Ferrol, 1960
De formación autodidacta. Con estadias en Londres (1989-1990 e 1991-1993) e Nova York (1990); na capital británica ten participado en exposicións colectivas e asistido a seminarios e cursos de fotografía con diferentes fotógrafos de prestixio internacional. Experiencia en fotografía de viaxes: India, Paquistán, Irán, Turquía, Australia e Marrocos. Numerosas exposicións.
Exposición: MÁIS ALÁ DA MIRADA e 10º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2000 |