Sen título

Alberto Barreiro

Pontevedra, 1968
Estudia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde tamén realiza os cursos de doutoramento. Posteriormente se traslada a Winchester (Reino Unido) coa bolsa de estudios de Caixa Galicia 1998 e realiza o curso M.A. Twentieth Century Art Studies; despois, coa bolsa Erasmus 99 (Kington University, Londres). Actualmente traballa e reside en Londres, onde experimenta con novas posibilidades de expresión da arte. De todo o seu traballo o máis innovador son as súas publicacións en internet: «Tragedy», «El infinito entre 0 y 1» ou «La isla». Este ano foi seleccionado para a Bienal de Pontevedra por María de Corral.

Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL VI

“Marc”

Marcos Falgueras Sitja

SITJA. Vigo, 1969
Enxeñeiro Técnico e fotógrafo afeccionado con participación e numerosos concursos durante os anos noventa nos que ten recibido distintos premios. Os últimos: o terceiro premio no Maratón Fotográfico de Vigo en 1998, finalista no de 1999 e primeiro premio IV Certame de Fotografía Viña do Campo, neste ano 2000.

Exposición: IV CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO

“Landmannalaugar”

Raúl García Rodríguez

Oviedo, 1974
Estudiante de ciencias do mar. Entre outros asuntos dedícase ó estudio e divulgación de temas ambientais, especialmente sobre xestión pesqueira e seguridade alimentaria, turismo sostenible... enfocando esta actividade a través de artigos en publicacións especializadas, conferencias, proxeccións, exposicións, etc. (ten publicado artigos e fotografías nunhas veinte publicacións nacionais e internacionais, así como en libros, guías de campo...) Por interese persoal e profesional viaxa moito, tendo percorrido uns 50 países de catro continentes estudiando diversos aspectos da súa riqueza natural, etnográfica, cultural... Foi galardoado con máis de 40 premios e mencións especiais en certames nacionais e internacionais de fotografía, entre eles o 1º no Certame co que participa neste Outono Fotográfico. Exposicións colectivas e individuais en diversas cidades da Península.

Exposición: 10º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2000