exposicións individuaisexposicións colectivas




EXPOSICIÓNS
INDIVIDUAIS


DERIVA
de Eduardo Ochoa
“Serie de imaxes fotográficas sobre escaleiras, conformando un conxunto orgánico trabado e organizado nunha deriva integral que vai do máis concreto da materia ó máis abstracto da forma. Obras de temática arquitectónica e xeométrica cun enforque de tendencia expresionista e abstracta, realizadas sobre imaxes tomadas en Bares, Lugo, Tomar, Cambridge, París, Perigeux, Budapest, Chaves, Santiago, Bragança, Burela, Amsterdam, Angulema, Blois, Póvoa e Mónaco.”
Na Librería Eixo de Ourense, do 29 de outubro ó 13 de novembro

ENCONTROS
de Mark Ritchie
Imaxes tomadas ó longo de varios anos en distintos lugares; son encontros, apuntamentos que se toman cando se ten unha cámara na man e o que ves te leva a pensar, a reflexionar.
No Studio 34 de Ourense, do 1 ó 15 de novembro.

¿ANÓNIMOS?
de Xosé Vázquez Arias, O Rizo
Medio cento de fotografías que recollen imaxes de nenos, mozos e maiores da bisbarra de Celanova nas súas feiras e festas dos anos 50 e 60. Personaxes máis ou menos anónimos que estarán acompañados de textos de Antonio Piñeiro. Organiza o Seminario de Estudios Celanoveses.
No Centro de Servicios Sociais de Celanova, do 1 ó 15 de novembro.

NICARAGUA, ESPERANZA DUN POBO
de Carmen Vidal
Voluntaria en Nicaragua con COSAL, máis concretamente na illa Zapatera do lago Nicaragua, as súas fotos reflicten esencialmente a realidade insular. Comenta da exposición: “Quixera que esta non fora unha pequena historia da miña andaina por Nicaragua, senón algo obxectivo e documental, que amosara a realidade dunha terra marabillosa e digna. Sen embargo, ó final resultará un conto excesivamente persoal. Aqueles que contemplen as fotos entenderan quizais, como tentei amosar con imaxes a miña visión dun país que resucita e onde a facultade de ve-lo lado positivo das cousas caracteriza a unha xente da que aprendín de cantas cousas non preciso”.
Na Casa da Xuventude de Santiago de Compostela, do 2 ó 15 de novembro

MAXIA NO CARREIRA
de Simón Balvís.
Na primavera dos anos 1998 e 1999 desenvolveuse o que se daría en chama-lo mes da maxia no Mesón do Forno –tamén chamado Mesón do Carreira– na cidade de Lugo. Neste evento, promovido pola asociación Valdemar, participaron moitos dos magos galegos máis destacados e, por suposto o novo sangue da maxia emerxente en Lugo. Nesta mostra o autor só trata de recoller algún dos instantes destas actuacións que xa forman parte da historia da maxia galega.
No Castelo de Maceda, do 2 ó 16 de novembro.
Na Sala de exposicións de Caixavigo e Ourense, do Barco de Valdeorras, a partir do 22 de novembro.

VIÑO CON ESMERO
de Santi M. Amil
Nunha copa de viño non só debemos percibir aromas e sabores da uva, tamén compre aprecia-lo suor e os esforzos do labrego que a coida.
Na Cafetería America de Celanova, do 2 ó 30 de novembro.

RIBEIRA SACRA
de Xosé Manuel Otero
Percorrido pola Ribeira Sacra: a paisaxe, os monumentos, as xentes, o viño...
Na Casa da Cultura de Ribadavia, do 2 ó 30 de novembro.

ALFONSO (1902–1990)
de Alfonso Sánchez Portela
Desde que Alfonso se inicia con 14 anos con escenas das rúas de Madrid para distintos xornais da época, ata que, en 1989, se converte no primeiro fotógrafo que ingresa na Real Academia de San Fernando, median case setenta e cinco anos de traballo creativo, que, gracias á Fundación Pedro Barrié de la Maza, contemplamos reflectido nesta mostra: o resultado das súas reportaxes, retratos de persoas e personaxes, testemuñas de ambientes e acontecementos de sucesivas décadas da historia española de case todo o século, integran a mostra. (Máis información na páxina 81)
No Museo Municipal de Ourense, do 3 ó 17 de novembro

RICK DÁVILA 1989-1998
de Rick Dávila
Resultado dunha década de reportaxe humana na que veu traballando dende 1988, a exposición recolle unha selección de imaxes dos seus proxectos máis importantes. Entre eles New York City (1989); Herederos de Chernobil (1992); Woodstock (1994); Esclavos del Gran Sol (1994), sobre os pescadores españois que faenan no Gran Sol, o caladoiro máis perigoso do mundo; AHV: La extinción del metal (1994); Prisión de Varones en Cochabamba (Bolivia, 1995); Playas españolas (1995); Contamara: la selva peruana (1996). Mostra comisariada por Olivia María Rubio para a Fundación Caixa Galicia.
Na Sala da Aula de Cultura de Caixa Galicia, en Ourense. Do 4 ó 30 de novembro

EL IMPERIO DE LOS SENTIDOS
de Fernando Flores
“É a terceira das series que concentran os traballos máis importantes do autor. A elas vénse adicando nos últimos 15 anos. Como nas anteriores series as imaxes mestúranse, entrecrúzanse, superpóñense. A constante nesta serie é a reiterada imaxe da figura feminina, salpicada de tanto en tanto con algunha masculina presencia da paisaxe, unhas veces como suxeito fundamental, outras, inmerso, representando un importante papel nas demais obras. En todo caso trátase dunha paisaxe construída, abstracta, imaxinada, intuída, unha paisaxe do desexo. Sempre nocturnas, rochosas, percorridas por enxurradas de luz, neboentas, estas paisaxes contribúen a realza-lo lado onírico, idealizado, irreal, de onde parecen surxi-las imaxes...” Da presentación feita por Olivia María Rubio.
Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 4 ó 18 de novembro

OS CANS DE NINGUÉN
de Miguel Gómez Muñiz
Un percorrido polas canceiras das principais vilas galegas. O amoreamento provocado polo abandono masivo destes animais e a carencia económica que caracteriza a estes centros fai pensar que a súa existencia sexa máis por desexo divino que humano; o mérito deste milagre débese ó esforzo e dedicación dun grupo de voluntarios que invisten o seu tempo libre na supervivencia do mellor amigo do home. Xa escribira Oscar Wilde que “a diferencia entre un home e un can radica en que se os recolles da rúa e lles das de xantar, o can será sempre o teu amigo”.
Na Casa da Xuventude de Chantada, do 8 ó 26 de novembro.

SEDUCCIÓNS INSTANTÁNEAS
de Nando Mauriz
“Cando xogas a facer fotos, déixaste seducir por ese instante máxico representado polas imaxes que pasan diante túa, capturando ou roubando as que máis che gustan simplemente cun chisco, dándolles máis tarde perpetuidade gracias á maxia do cuarto escuro.”
A técnica empregada nalgunhas das fotografías fai que cada exemplar poida considerarse único; trátase dun sinxelo virado parcial que lle confire á copia un efecto pictorialista imposible de facer igual dúas veces.
Na Casa da Xuventude de Chantada, do 8 ó 26 de novembro.

ADENTRO AFUERA
de Guillermo Sotelo
Amosa en branco e negro e cor, imaxes do interior galego e da súa costa. A cámara fai un percorrido captando as texturas dos montes, a arquitectura popular e os peiraos. As instantáneas recollen a luz e a cor de lugares e aparellos, cunha forza expresiva que recorda a visión artística coa que se traza a pincelada abstracta.
No Centro Comarcal Expo Lemos, de Monforte, do 15 ó 30 de novembro.

DOMESTIC
de Miguel Oriola
Neste proxecto, baseado no feito de que a fotografía non é unha verdade natural, senón unha ficción elaborada, o autor utiliza o ámbito doméstico como escenario de dramas probables, sendo o espacio un importante elemento narrativo.
Na Librería Eixo, do 16 ó 30 de novembro

SCHMIDT DE LAS HERAS.
FOTOGRAFÍAS 1944-1960
de Inocencio Schmidt de las Heras
Recompilación da obra de Schmidt de las Heras dentro dos proxectos de recuperación dos fotógrafos históricos galegos do Centro Galego de Artes da Imaxe. O autor, un recoñecido membro da corrente pictorialista, ten a maioría da súa obra dentro da categoría coñecida como fotografía de paisaxe, presentada coa dominante do pintoresco dentro dun marco de contemplación estética clásica chea de significados simbólicos. Dentro da súa serie “Nocturnos”, atopamos unhas belísimas fotografías compostelás das que emana toda a maxia da cidade de pedra. Con catálogo propio
Na Aula de Cultura de Caixavigo e Ourense, do 16 de novembro en adiante.

VIAXEIROS
de José Luís Abalo
Presenta unha serie realizada na estación de autobuses de Vigo, parte dun traballo maior que inclúe estacións tren, aeroportos e a dos barcos de Cangas a Vigo. Nelas se busca amosa-la relación que se establece entre as persoas e o contorno neses espacios que algúns cualifican como “non lugares”. Fotografías en branco e negro.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

NON LIEU
de Sandrine Expilly
Quizais sexa aquilo do que me lembro (de antes). O tempo xa non ten importancia, non se trata de instantes. Dedícome a descubrir mundos paralelos, eses intersticios que nos rodean. Simultaneamente a particularidade do tratado fotográfico serve para crear a distancia entre a realidade e o que o meu ollo quere ver.
Traballo sobre a óptica da cámara fotográfica, fago experimentos, xogo coa visión e mais a non-visibilidade.
No Liceo de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

RAPACES E RAPAZAS
de Mónica Castuera
Trinta fotografías en branco e negro. Retratos de nenos e nenas, realizados entre os anos 1992 e 1999.
Na Sala de Exposicións do Auditorio, do Carballiño, do 16 ó 30 de novembro.

UN SEGUNDO EN MOVEMENTO
de Juan Vilariño
Fotografías de ballet. Toda a forza plástica da danza recollida nas distintas actuacións que tiveron lugar en Santiago de Compostela nos últimos tempos.
Na Casa da Xuventude de Santiago de Compostela, do 16 ó 30 de novembro

MOMENTOS
de Manuel Fernández Caamaño
A paisaxe galega en todo o seu esplendor, recollida en 25 fotografías: o mar, o rural...
Na Casa da Xuventude de Santiago de Compostela, do 16 ó 30 de novembro

RETRATOS
de Eduardo Núñez
Dez anos despois da exposición “Retratos con escena propia”, que figurou no programa do Outono Fotografico de 1989, Eduardo Núñez volve a fotografar personaxes da cidade de Ourense. Persoas por cuxo traballo e personalidade o autor sente admiración e aprecio. Serve a mostra para xuntalos e deixar constancia de que, para o fotógrafo, esta cidade non sería a mesma sen eles.
No Museo Municipal de Ourense, do 19 ó 30 de novembro.

O VERÍN FINISECULAR
de Plácido L. Rodríguez
Vinte fotografías en cor que recollen diferentes recunchos de Verín, feitas co cariño con que se tratan as lembranzas da infancia. É unha exposición permanente deste edificio recentemente recuperado para o patrimonio local.
Na Casa do Escudo de Verín, todo o mes de novembro




EXPOSICIÓNS
COLECTIVAS

FOTOPRES ’99
Os premios FotoPres foron creados pola Fundación “la Caixa” para recoñece-los mellores traballos realizados no periodismo gráfico español. O certame celébrase cada dous anos e tamén convoca becas para axudar a profesionais da fotografía a traballar en proxectos ós que doutro xeito non poderían acceder. Fotografías de Kim Manresa, Enric Folgosa e Anna Boyé –os premiados deste ano– e dos becados Martí Llorens, Sofía Moro, Teresa Llordés, Rafael Trobat, Pasqual Górriz, Eva Morales e Tatiana Donoso. Con catálogo propio (Máis información na páxina 75)
No Museo Municipal de Ourense, do 29 de outubro ó 17 de novembro

XV CONCURSO GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE ’99
Premios e obras seleccionadas deste tradicional certame convocado nesta ocasión polas Direccións Xerais de Xuventude e de Promoción Cultural. Fotos en branco e negro e cor de Fernando Baldomir Souto, Alberto Bandín Marentes, Jorge Blanco Piñeiro, Emilio Cendón González, Rosa Fernández Camaño, Aroa Fernández Carballo, Héctor Fernández Santos-Díez, Mª Teresa Freiría Martínez, Cecilia López Bugia, Carolina Martínez Rodríguez, Álex Mene, Manuel Moure Valladares, Bernardo Saco Rodríguez, Inmaculada Serantes Durán, Manuel Valcárcel Cabo, Raúl Vázquez Moreira, Carmen Villar e Xulio Villarino Aguiar. Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 29 de outubro ó 14 de novembro.

CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA ’98
Certame do Injuve que remodela os seus clásicos “Imágenes Jóvenes”, testemuña e crónica da fotografía xove española, para poñerse ó día e adaptarse ás demandas dos novos creadores. Obras de J. Pascual Arnal, Íñigo Asís, Cristian Baitg, Sergio Belinchón, Raul Belinchón, Viki Blanco, Jep Brengaret, Matías Costa, Alexis T. Edwards, Javier Euba, Cristina Faciaben, Pablo González, Luis Kurba, Chema de Luelmo, Julián Lladosa, Marta E. Martín, Álex Mene, Valerio Merino, José A. Muñoz, Paloma Pérez, Michel Quijorna e Miguel Romero. Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 29 de outubro ó 14 de novembro.

GALICIA EN FOCO
Certame de fotoxornalismo organizado polo Clube de Prensa de Ferrol que reúne, nesta novena edición, a 30 fotógrafos: Manuel Abad Vidal, Santiago M. Amil, Carlos Carballeira, Kiko Delgado, Víctor Echave, Moncho Fuentes, Manuel Antonio García Freire, Susana Gil Seijo, Nacho Gómez, Miguel Ángel Gómez Martínez, Miguel Gómez Muñiz, Cristina González Bustos, Antonio Hernández Ríos, Rita Ibarretxe, Carlos Lago, Santiago López, Albino Mallo Álvarez, José Mauriz Collado, Jorge Meis Díaz, María L. Muíña, Carlos Puga Gómez, Xaime F. Ramallal, Ana Rodríguez Moxón, Xan Seoane Ventín, Gabriel Tizón, Óscar Vázquez, Rosa Veiga, Mª Carmen Villar, Xulio Villarino e Xan Xiadas. Son imaxes que resumen un ano da prensa galega. Con catálogo propio
No Ateneo de Ourense, do 29 de outubro ó 13 de novembro.
Na Casa da Cultura de Monforte, do 16 ó 30 de novembro

METADE E METADE
Javier Arias Arias e Salvador Munuera, españois e Eduardo Hernández Santos e Yamila Lomba, cubanos, unen as súas coleccións: “Las Fases de la Luna”, “Ambar”, “Acerca de la soberania de los cuerpos” e “Paisajes corporales” para ofrecer unha mostra distinta, na que o corpo é o nexo de unión.
Na Galería Visol de Ourense, do 1 ó 10 de novembro

FOTO TRABALLO 99
Os premios e as fotografías seleccionadas na terceira edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro), contou cunha dotación de 400.000 pesetas en premios. Fotos de Carlos de Andrés, Juan Carlos Barberá (3º Premio), José Caamaño Fernández, Vicente Cañón, José Antonio Gómez Bernal, Jorge Meis, Miguel Muñiz, Pablo Neustat, José Paz, Vicente Peiró, Alberto Porres, Xosé Duarte Rañó, Txema Salváns (1º Premio), Luís Sánchez Davilla, Alberto Taphanel, Rubén Vázquez Trujillo, Manuel Vidal Torrado, Juan Pedro Trejo, Xosé Varela Vilariño (2º Premio) e Xulio Villarino.
Na Galería do Hotel Los Tilos de Santiago de Compostela, do 29 de outubro ó 14 de novembro.

O VIÑO E O CAMIÑO DE SANTIAGO
Por terceiro ano as Bodegas Docampo, de Sampaio-Ribadavia, reúnen os premios e obras seleccionadas no seu certame “O viño e o camiño de Santiago”, dirixido a afeccionados que, presentando fotografías en cor, recollan imaxes que relacionen o mundo do viño con aspectos culturais, históricos, folklóricos, etnográficos ou enolóxicos do camiño. Premios por valor de 300.000 pesetas. Fotografías de Alberto Bandín Marentes (2º Premio), José Francisco Bonilla Rodríguez (1º Premio), Mª Teresa Briones Díaz, Carlos Fernández González, Fátima Rodríguez Sío, Alberto Varela García, Xosé Varela Vilariño (3º Premio) e Juan José Vidal Fernández.
No Café Bohemio, do 1 ó 30 de novembro.

MERCADO DE SAN AGUSTÍN, A CORUÑA
O colectivo “Ollo de Vidro” da A. C. Alexandre Bóveda, da Coruña, elixiu para esta edición do Outono Fotográfico unha das prazas de abastos máis populosas da cidade. Encravada no histórico barrio da Pescadería e a escasos cen metros da praza de María Pita, podemos dicir que é unha das prazas de abastos máis bonitas da Coruña; os membros de “Ollo de Vidro” non quixeron deixar pasa-la ocasión de facerlle esta sinxela homenaxe, agora que corren malos tempos para a mesma, ameazada cunha reforma que acabaría co seu carácter de mercado de abastos. A súa arquitectura, os seus productos, os seus postos, a súa vida cotiá... quedan reflectidos nas distintas posibilidades da fotografía: cor, branco e negro, virados e técnicas mixtas. Fotografías de Antonio Álvarez, Xosé Miguel Castro, Manuel Graña, Héctor Fernández e Begoña Vázquez Cruzado.
No Liceo de Ourense, do 1 ó 15 de novembro.
Na Casa da Xuventude de Verín, do 17 ó 30 de novembro.

VISIÓNS VERINENSES EN BRANCO E NEGRO
Xentes, paisaxes e obxectos do microcosmos comarcal. O resultados dos cursos organizados polo Concello e dirixidos por Anxos Borjas.
Na Casa da Xuventude de Verín, do 1 ó 14 de novembro

ALUMNOS DE FOTOGRAFÍA DA ESCOLA DE ARTE ANTONIO FAÍLDE
Fotografías realizadas por Miguel Calvo Ulloa, Asunción Cantón, Eva Domínguez Hermida, Mercé Domínguez Sierra, Daniel Espada, Elia Fuentes, Eva Garrido, José Luis Nogueira, Xabier Novo, Ramón Paz, Alberto Pérez Otero, Ana I. Pérez Rodríguez, Luis A. Rodríguez Álvarez, Estela Rodríguez Blanco, Sabela Rodríguez Méndez, Juan Carlos Soto Cuevas, Tomás Valente Lloves e Carlos Vázquez Rama, todos eles alumnos do primeiro curso do Ciclo Superior de Fotografía da Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense.
Na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, todo o mes de novembro.
DISPLAYS
Mostra dos traballos dos alumnos de segundo curso da especialidade de deseño gráfico da Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, consistente nunha selección de displays fotográficos publicitarios de lentes. Colaborou Interópticas. Son autores Jorge Baca Requejo, Julio César Castro, Nuria Cofán Labrador, José L. Cofán Vidal, Rodrigo Conde Eguileta, Silvana Diéguez Castro, Xesús Fariña Navarro, Rosa Fernández Caamaño, José M. Gabriel Lois, Ángeles González Goce, Pura Otero Balado, David Rubín e Esther Veiga Diéguez.
No Escaparate de Interópticas, na rúa da Paz de Ourense. Todo novembro.

9º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 99
Premios e obras seleccionadas no certame organizado polo Ateneo de Ferrol, para celebra-lo Día Mundial do Medio Ambiente, con obras de Francisco Ameixeiras Sánchez, Manuel Barral González, Vicente Cañón Serrano, Juan Carlos Carbón Sexto, Armand Escandell Preto, Pablo Fernández Baz, Arturo Fernández Rodríguez, Carlos M. García Paz, Raúl García Rodríguez, Iñaki González Chato, Roberto González Luís (3º Premio), José Antonio Gutiérrez Pita, Pablo Gutiérrez Vargas, Alvaro Hermida Tembrás, Francisco Hernández Toribio, Llorenç Herrera i Altes, Antonio López Fernández, Mariano López Gallego, Enrique López-Tapia, José Manuel Maiquez Mijares, Macarena Manzano, Jorge Meis, Juan A. Pereira Rodríguez, Mª José Romero Lobeira, Xosé Rañó Bueno, Josep Mª Rivas i Prous, Xosé F. Rodríguez Nieto, Manuel Sosa Villalonga, Xosé Varela Vilariño, Rubén Vázquez Trujillo (2º Premio) e José Ángel Villar Paz.
Na sala de exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, do 2 ó 30 de novembro.

A REPÚBLICA, CHANTADA (1931-1936)
Autores descoñecidos que deixaron constancia daqueles anos na vila lucense e da súa grande actividade republicana, nunha mostra artellada por Alfredo Valín Méndez, con copias realizadas por Alfredo Corral.
Na Casa da Cultura de Chantada, do 8 ó 19 de novembro.

ILUSTRAGRÁFICA 99
Os alumnos da Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, dos ciclos superiores de ilustración e gráfica publicitaria, Mª Teresa Alberte, Sonia Álvarez, Antonio Caride, Noelia Cestrones, Mirian Cid, Mónica Fragueiro, Mónica Garay, Manuel García, Yolanda Lloves, Miguel Novo, Adriana Pérez, Inés Pérez, Ana Isabel Prieto, Pedro Telmo Rodríguez, José Luis Sabarís, Paula Solveira, Jesús Eugenio Suárez, Rafael Suárez, Vicente Vázquez e Lucía Veleiras, amosan a súa obra coa que se iniciaron nos coñecementos da técnica, pero sobre todo, coa que viron as súas posibilidades como medio de expresión persoal, e as súas aplicacións nos diferentes campos profesionais nos que a fotografía cumpre unha importante función. Están comisariados por Esperanza Merino.
Na Sala de Exposicións do Auditorio do Carballiño, do 4 ó 13 de novembro.
No Ateneo de Ourense, do 14 ó 25 de novembro.

UNHA PELÍCULA DE PEL V
A aportación da Galería Marisa Marimón ó Outono Fotográfico deste ano está adicada a dous autores moi representativos: Javier Vallhonrat e Daniel Canogar, un Premio Nacional de Fotografía 1995 e o outro firme promesa no panorama español. Os dous teñen en común a súa busca a través da fotografía. No caso de Vallhonrat prima o carácter reflexivo das cuestións que propón e os riscos que asume nas súas solucións, e no de Canogar, unha extraordinaria versatilidade unida á súa paixón pola luz, influxo que lle resulta determinante. Con catálogo propio.
Na Galería de Arte Marisa Marimón de Ourense, do 5 de novembro ó 3 de decembro.

PANORÁMICA NA LIMIA
Xesús Fariñas, Ramón Losada e Daniel Rodríguez presentan a súa obra con distintos temas e técnicas.
Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 15 ó 30 de novembro

II PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Premios e obras seleccionadas na segunda edición do certame que Médicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado cun millón de pesetas e escollido entre os centos de fotos participantes, foi para Enrique Pimoulier pola serie de tres fotografías “Viaxe á luz”. Estas fotografías, xunto con outras de Yann Bautista Wiberg e Ángel López Soto, que acadaron os accésit, e as de José Adolfo Aparicio Herrero, Abigail Appes, Christian Baitg Schreiweis, Matías Costa, Juan Jesús Gomes Amate, David González de la Aleja, Javier Iglesias Ramos, Mariano López Gallego, Eduardo Mozos García, David Sáchez Giménez e Javier Teniente, integran a mostra. Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

CELANOVA INÉDITA
O resultado da I Saída Fotográfica, organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Celanova e dirixida ós seus escolares co fin de ter imaxes inéditas da vila, ben sexan lugares ou situacións sociais non dadas a seren recollidas graficamente.
Na Sala de Exposicións do Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova, do 16 ó 30 de novembro

NEGA–2
A mirada a través do ollo dunha vaca. Nin todo e verde, nin todo é negro. Que dúbida cabe, que esta vaca ve o mundo doutra cor. Somentes unha especie animal ¿e racional?, atrévese a cambiarlle o mundo a nosa vaca. A búsqueda do verde produce un desconcerto tal que a nosa vaca é a víctima máis inmediata. Moreas de lixo, augas contaminadas, escombros, plásticos, prados queimados, vertedeiros incontrolados e demais inxurias, fannos desconfiar do seu futuro máis próximo. Fotografías de Santi M. Amil, Moncho Fuentes, Nacho Gómez e Xan Xiadas que forman o grupo “Ollo de vaca”
No Studio 34 de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

TEMA, NO TEMA
Fotografías de Ovidio Aldegunde, Luís Botana, Vari Caramés e Jorge Meis. Catro autores, catro traballos distintos nunha mostra organizada por Xosé Villar para o Ateneo ferrolán.
No Ateneo de Ferrol, a partir do 19 de novembro

COLECTIVA DE FOTOGRAFÍA LOCAL
A Casa da Cultura do Barco convoca un ano máis a tódolos fotógrafos locais para participar nunha exposición do Outono Fotográfico, algúns son xa veteranos e outros mostran por primeira vez os seus traballos. Totalmente aberto, con tema libre, sin condicións previas nin concurso. É unha boa ocasión para ver as propostas artísticas de xente que encontra na fotografía un medio para comunicarse e para expresar a súa creatividade.
No Casa da Cultura do Barco, a partir do 19 de novembro

CRÓNICAS MESTIZAS
Fotografías de Pepe Ferrín, Javier Teniente, Lalo Villar e Xulio Villarino. É unha posta en común dos catro autores en canto á súa visión da miseria no Terceiro Mundo. As fotografías teñen como punto en común a temática, a vida humana en situacións límites, pero cada un aborda o seu traballo desde puntos de vista diferentes, tanto xeográficos como estéticos. Ferrín retratou o ambiente dos comedores populares de diversos países de Latinoamérica nun traballo bautizado como As migas da pobreza. Teniente reflicte na súa reportaxe Imaxes do próximo milenio a traxedia dos refuxiados kosovares en Albania. Villar presenta as miradas tímidas dos nenos do Val do Ganxes, na India. E por último, Villarino, o único que elixe a cor para as súas obras, conta como viven os máis de 100.000 habitantes de Kariobangi, un suburbio asentado nun inmenso vertedoiro nos arrabaldes de Nairobi. Os catro son reunidos pola Fundación Meniños –quen trae a mostra a Ourense– coa colaboración de Amnistía Internacional e Intermón.
No Museo Municipal de Ourense, do 19 ó 30 de novembro.

CHANTADA ONTE/HOXE
Exposición comparativa da situación da vila e concello de Chantada a través do tempo, coa recuperación de fotografías a cargo de Xosé Alberto Fafián e a realización da imaxe actual a cargo do fotógrafo Rodrigo Fernández López.
Na Casa da Cultura de Chantada, a partir do 22 de novembro.