cursospresentación librosproxecciónsoutras actividades




CURSOS


INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA
A cámara fotográfica, a luz, a iluminación artificial. Aberto a tódalas persoas interesadas maiores de 14 anos, a partir do 8 de novembro. 10 horas de duración. Impartido por Otis. Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense.

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA A ESCOLA.
O revelado en branco e negro. Pensado para docentes e estudiantes de maxisterio e pedagoxía. Na segunda quincena de novembro, en horario de tarde, de luns a venres e de 30 horas. Dirixido por David Mazaira Fernández, no laboratorio de fotografía da Ludoteca da ASPG-P, rúa Antonio Puga, 4–soto. Información sobre cota e demais detalles no teléfono 988 248 141

LABORATORIO FOTOGRÁFICO.
Todo o relacionado co laboratorio de branco e negro. Aberto a tódolos interesados. A partir do 20 de novembro, con 10 horas de duración. Impartido por Otis. Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense.

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA
A Cámara fotográfica, a luz, a iluminación artificial, a creatividade... Organiza a Área de Educación e Cultura do Concello do Carballiño, a partir dos primeiros días de novembro. Información e inscricións no teléfono 988 530 007, ext. 29.

MANEXO DE CÁMARAS FOTOGRÁFICAS
TÉCNICAS BÁSICAS DE REVELADO EN BRANCO E NEGRO
TÉCNICAS DE ESPECIALIZACIÓN NO REVELADO EN BRANCO E NEGRO
O primeiro de 20 horas de duración e 40 horas nos dous cursos de laboratorio, desenvolveranse en días alternos en horario extralaboral, no mes de novembro na Casa da Xuventude de Verín. Grupos entre 12 e 20 persoas. Profesora, Anxos Borjas Cid. Desconto do 25% para os que posúan o Carné Xove. Diploma avalado pola Universidade de Vigo. Inscricións: Punto de Información Xuvenil e Casa do Concello de Verín.

FOTOGRAFÍA EN BRANCO E NEGRO
Inclúe revelado de negativos e positivado en papel. Na Casa da Xuventude de Chantada, a cargo de Camilo Lorenzana.




PRESENTACIÓN
DE LIBROS DE
FOTOGRAFÍA

Día 9, martes
IMAXES DA FATIGA. CRONICA GRÁFICA DO TRABALLO NA GALIZA
, de Dionísio Pereira. Coa participación do propio autor.

Día 16, martes
ONDE SÓ QUEDA ALGUÉN PRA AGUANTAR DOS NOMES
, de Uxío Novoneira, Federico García Cabezón e Emilio Araúxo. Coa presencia do fotógrafo Federico García Cabezón.

Día 23, martes
A COSTA DA MORTE, UN LITORAL INSÓLITO; CASTILLOS Y FORTALEZAS DE GALICIA E MONASTERIOS Y CONVENTOS DE GALICIA
, os tres editados por Nigra Trea con fotografías de Tono Arias e Nieves Loperena, que participaciparan no acto.

Día 30, martes
A MEMORIA DE OURENSE
, 120 postais de Ourense, da colección de Carlos X. Díaz, que participará xunto con Marcos Valcárcel. De Edicións Xerais.

As catro presentacións de libros están organizadas polo Clube Cultural Alexandre Bóveda e celebraránse a partir das 20:00 horas na Librería Torga de Ourense.

A partir das 20:00 horas, no terceiro andar da Casa da Xuventude de Ourense.




PROXECCIÓN
DE DIAPOSITIVAS

Día 15, luns
A VENDIMA
de Nacho Gómez, Xan Xiadas e Santi M. Amil
Terras de viño. Sangue dun país. Un percorrido polas zoas vinícolas de Ourense: o Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e a Ribeira Sacra.

Día 16, martes
UN PASEO POLO BOSQUE
de Víctor Conde
Camiñando polo bosque –ese lugar cada vez máis arredado–; observando a vida dos seus pequenos animais e plantas que reclaman un espacio que lles corresponde.

Día 17, mércores
MÁIS CERCA
de Toni Fraga
Outra visión do mundo que nos rodea. Obxectos cotiáns que nos revelan mundos presentes pero ocultos ós sentidos...

Día 18, xoves
NESAS SITUACIÓNS LÍMITE
Nepal, un país de enormes contrastes: o cume do Everest, a xungla... e a mestura do home coa natureza. Tamén están os leprosos. A experiencia dun grupo axudando nese sitio foi das máis emocionantes das súas vidas. E as situacións límite que alí viviron e o que nos amosan. Fotografías da ONG ADRA.

Día 22, luns
PAISAXE URBANA
de Susana Gil
Paseamos pola cidade coa vista sempre á fronte, paseamos sen mirar nun mundo de présas, nun mundo sen tempo para ve-lo que nos arrodea. Probemos un día a deixa-las présas, ergue-la vista e ¡sorpresa!

Día 23, martes
A RAPA DAS BESTAS
de Miguel Gómez Muñiz
A loita entre o home e o cabalo. Festa con máis de cincocentos anos de historia, que comezou coa ofrenda de dous irmáns para conxura-la peste.

Día 24, mércores
HISTORIAS DUNHA CIDADE
de Carlos Puga
Historias dunha cidade, pequenos documentos sociais sobre a cidade de Vigo que aparecen ó longo dun tempo, nas paredes de formigón da cidade. Estes documentos tráennos á realidade dunha vida cotiá dos transeúntes, que ven como a paisaxe vai cambiando ó mesmo tempo que as noticias.

VIAXE Ó CENTRO DA TERRA. UNHA AVENTURA ESPELEOLÓXICA
Relata 30 días de exploración nunha das máis profundas simas de España. Situada nos Picos de Europa moi perto do mítico pico Urriello. A Torca do Castil profundiza 1.000 metros nas entrañas da terra, entrando a formar parte da restrinxida lista das simas que sobrepasan esta profundidade. É a única explorada na súa totalidade por españois. Fotografías dos membros do Clube Alpino Manzaneda.

Día 25, xoves
O TEIXEDAL
de Brasas e Otis
Cremos que estamos a ve-las árbores, e son elas as que nos ollan a nós, pobres mortais. Levan moito tempo véndonos penetrar no seu mundo, xeracións de humanos que vivimos uns anos preto delas.

Coordenación do fotógrafo Otis.




OUTRAS
ACTIVIDADES

“Detrás do obxectivo”. Maratón Fotográfico Infantil
Organizado polo Ateneo de Ferrol para rapaces e rapazas entre os 8 e os 16 anos. Inscrición antes do 6 de novembro, sábado para realizalo o seguinte sábado, día 13, a partir das 11:00 horas dende o Centro Comercial Portanova e finalizando ás 19:00 horas no Ateneo, cun control ás 15:00 horas no Concello. Entregarase un carrete de 24 fotografías en cor e será necesario realizar 6 fotos de cada un dos 3 temas que propoña a organización.

“O camiño de Santiago pola Ribeira Sacra”. Concurso Fotográfico.
Organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Chantada. Onde hai que presentar tres fotografías relacionadas co camiño sur a Santiago de Compostela, tramo Belesar-Monte Faro, antes do 15 de novembro; poden ser en branco e negro ou cor e teñen que estar entre os 20 _ 2 Color 5 e os 50 _ 60 cm. Premios de trinta, quince e dez mil pesetas. As fotografías serán expostas na Casa da Cultura de Chantada, a partir do 22 de novembro.

“O Carballiño no obxectivo fotográfico”.
Para acadar un labor divulgativo a través do Outono Fotográfico, a Área de Educación e Cultura do Concello do Carballiño convidará a diferentes fotógrafos, da bisbarra e do resto de Galicia, a participar en charlas e debates. Máis información no 988 530 007, ext. 29.

Concurso Fotográfico.
Convoca a Casa da Xuventude de Chantada. Para menores de 30 anos. Tamaño mínimo de 18 x 24. Máximo 4 fotografías por autor e 2 como mínimo. Branco e negro ou cor. Tema libre, cun premio especial para a mellor fotografía referida ós oficios tradicionais. O prazo de entrega pecha o 26 de novembro. Premios: Re Color productor de Compact Disc, Radiocasete, Cámara fotográfica, e trofeo para a mellor foto sobre os oficios tradicionais. Tódalas fotos exporanse a partir do 29 de novembro na Casa da Xuventude de Chantada.

Safari fotográfico á Traba de Laxe (Costa da Morte), o 14 de novembro, organizada por Ollo de vidro da Coruña. Máis información e inscricións no teléfono 981 244 355

Proxección das mellores diapositivas dos Safaris fotográficos ’99.
Lugares fotografados: Entroido de Chantada, Medoñas do Galiñeiro, Mariña lucense, Xurés-Gerês, Illas Cíes, Ancares e a Traba de Laxe. O 27 de novembro, ás 18:00 horas, nos locais da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, rúa Linares Rivas, 49-1º da Coruña.

“As dúas caras de Xinzo”. Concurso Fotográfico.
Convocado polo Concello de Xinzo de Limia para recoller imaxes relacionadas co urbanismo da vila, aspectos positivos ou negativos, con dúas modalidades branco e negro ou cor), podéndose presentar ata cinco obras por categoría e autor. Tres premios por modalidade. Máis datos na Oficina de Información Xuvenil, teléfono 988 461 442.

Libros galegos de Fotografía
A Librería Torga, no 12 da rúa da Paz, de Ourense, presentará unha exposición de libros galegos de fotografía. Neste local poderanse atopa-los catálogos das exposicións do Outono Fotográfico que estean á venda.