"Viaxe á luz, 1, 2 e 3."

Enrique PIMOULIER LASPEÑAS

Pamplona, 1955
Fotógrafo de profesión. Traballa tanto en fotografía publicitaria como en ilustracións de libros e revistas. Tamén é colaborador de varios medios de comunicación. Recibiu o primeiro premio do II Premio Internacional “Luis Valtueña” de Fotografía Humanitaria, pola súa serie “Viaxe á luz”, 1, 2 e 3.

Exposición: II PREMIO “LUIS VALTUEÑA” DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA

"Nena de Asia, India", 1994

Lalo R. VILLAR

Vigo, 1963
Leva once anos adicado profesionalmente á fotografía: simultaneou o seu labor de redactor gráfico –desenvolvida fundamentalmente en Diario 16 e El País– con traballos de publicidade e moda: as súas fotografías en campañas publicitarias percorreron valos, revistas e todo tipo de soportes. Ten, entre outros, o Premio da Xunta de Galicia á mellor fotografía de prensa de 1988 e o Primeiro Premio da Fundación de Fútbol Profesional pola mellor fotografía sobre este deporte publicada en España en 1995. Participa na exposición e no catálogo de “Fotopres” de 1992 e 1993. Figura no libro Guinness dos records cunha fotografía feita no Estadio de Balaídos en 1992 na que posaron preto de 8.000 afeccionados. En 1996 publica o seu primeiro libro sobre fútbol e a súa primeira exposición individual “Mambrús á guerra”. Participa na Fotobienal de Vigo, de 1998, cunha exposición sobre un texto de Juan José Millás acerca do teléfono móbil.

Exposición: CRÓNICAS MESTIZAS