"Fernando Dacosta e Helena Beijo"

Eduardo NÚÑEZ

Rubiá (Ourense), 1958
Chega a fotógrafo profesional tras unha ampla traxectoria de participación en actividades de todo tipo no eido fotográfico: concursos, con moi bos resultados –entre eles o primeiro premio do II Certame Galego de Fotografía Xuvenil, en 1986–, exposicións, varias delas nos primeiros Outonos Fotográficos,... Foi un dos socios fundadores da Agrupación Fotográfica Ourensá, de feliz lembranza.

Exposición: RETRATOS

"Nunca pensara que este home arruinaría a súa vida"

Miguel ORIOLA

Alcoi (Alacante), 1943
Trala súa formación preuniversitaria descobre a fotografía, actividade que comparte coa música, o teatro e o debuxo. Viaxa por España. En 1971, unha vez instalado definitivamente e Madrid, adícase por enteiro á fotografía, dando a coñece-la súa obra a través de numerosas exposicións e premios. En 1977 inicia unha época especialmente productiva: profesor e autor de cursos especializados, conferencias, audiovisuais, artigos sobre historia e técnica. Dirixe a revista POPtografía. A súa obra defínese cun estilo propio e recoñecible, sendo publicada e exhibida en tódolos medios. En 1982 inicia a súa época profesional coa publicidade e a moda, traballando para as máis importantes axencias e revistas. É autor de varios libros e realiza spots publicitarios. Na actualidade dedica todo o seu tempo a desenvolve-la súa obra e ó ensino.

Exposición: DOMESTIC

"Paloma"

Paloma PÉREZ GARCÍA

Zaragoza, 1968
Licenciada en Belas Artes en Valencia, posúe ademais a especialización en Fotografía Artística na Escola de Artes de Valencia. Numerosas actividades arredor da fotografía, sendo a última un curso de retrato impartido por Humberto Rivas, en Guardamar do Segura.

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98