"Luis Sánchez Viela"

Luis KURBA

Guadalaxara, 1971
Membro da Real Sociedade Fotográfica, coa que participou xa no Outono Fotográfico de 1996. No seu amplo currículo destaca o Premio Autor Xove do 9º Concurso Caminos de Hierro da “Fundación de los Ferrocarriles Españoles” (Madrid, febreiro de 1995) e que é fotografo habitual da revista Ecos. Das Aktuelle Magazin in Spanisch, Múnich.

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98

"Principio de seducción"

Nando MAURIZ

A Coruña, 1970
Dende hai sete anos forma parte do colectivo de fotografía “Ollo de vidro” da Coruña, colaborando activamente en tódalas actividades relacionadas coa fotografía que alí se desenvolven. Realizou traballos de publicidade e moda para varias axencias e diversas editoriais, colaborando tamén como free-lance para axencias de prensa, como Kint Internacional ou Omega.

Exposición: SEDUCCIÓNS INSTANTÁNEAS

"Encontros na 3ª idade"

Valerio MERINO

Córdoba, 1971
Técnico especialista en fotografía, da Escola de Artes “Agustín Moreno”, cun xa amplo currículo do que destacamos as súas numerosas mostras individuais e a súa participación na fundación da revista fotográfica Luna Cornata

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98