"Dez, mulleres dez - Lorena"
Ovidio ALDEGUNDE
Marín, 1962
Afincado en Ares, realizou os seus estudios no Instituto de Estudios Fotográficos de Cataluña (1982). Finalizados estes traballou a fotografía de publicidade industrial e turística. Como fotógrafo independente traballa para infinidade de empresas e organismos relacionados coa publicidade industrial, moda, turismo, etcétera. Entre as súas publicacións de carácter individual destacan Por la senda de los faros, percorrido fotográfico por tódolos faros galegos, e Guías turísticas de Ferrol.
Exposición: TEMA, NO TEMA |
|
|
"Noel"
Mónica CASTUERA
Montevideo (Uruguai), 1957
Herda a afección á fotografía do seu pai: o senlleiro fotógrafo galego Juan Manuel Castuera, autor de magníficas estampas costumistas e retratos tan expresivos como intimistas. Xa de moza, en Madrid, mestura estudios de xornalismo na Universidade Complutense coa montaxe cinematográfica para a televisión. Dende 1991 especialízase no retrato en branco e negro, en particular os dos nenos; asemade desenvolve outras actividades relacionadas coa foto publicitaria e do espectáculo para a TVG. Media ducia de exposicións a título persoal en Galicia e outras colectivas en León e Madrid; e a contribución gráfica con retratos de coñecidos personaxes de Compostela para a sección Latexos na pedra de El Correo Gallego, que en breve será tamén unha exposición, son testemuño e aval da súa obra nestes tempos. Na actualidade prosegue cos retratos en branco e negro, con incursións cada vez máis habituais na fotografía de carácter social e publicitario.
Exposición: RAPACES E RAPAZAS |
|
"Rosa ramillete"
Héctor FERNÁNDEZ SANTOS-DÍEZ
Madrid, 1973
Estudia arquitectura na Coruña, cidade na que reside. Ingresa no colectivo Ollo de vidro en 1994. Realizou as fotografías para o libro Panxoliñas de Manuel María (1992); dende entón aporta a súa obra a varias publicacións, a última a revista GAM de febreiro do 99. Ten participado en concursos e en distintas mostras, a última individual tivo lugar na Coruña, no pasado mes de xuño. Accésit no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99.
Exposicións: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99 e MERCADO DE SAN AGUSTÍN, A CORUÑA. |