"Mineiros"

Txema SALVANS

Barcelona, 1971
Comezou a estudiar bioloxía na Facultade de Barcelona, á vez que descubría a fotografía na Escola Gris Art; posteriormente obtivo unha beca do Ministerio de Cultura para ir ó International Center of New York onde fixo o curso de Fotorreportaxe. Estando en Nova York déronlle unha beca para entrar na Fabrica, un centro de cultura multidisciplinar dirixido por Oliviero Toscani en Italia. Ó regresar a España acadou o primeiro premio do Fotopres 98 con dúas historias. Actualmente publica en El País, La Vanguardia e El Periódico. Traballa tamén na publicidade.

Exposición: FOTOTRABALLO 99

"Familia de refuxiados. Kosovo"

Javier TENIENTE LAGO

Chapela (Pontevedra), 1968
Realizou o curso de fotoxornalismo da Academia P. C. Carrier, de Vigo. Colaborador con medios de prensa, primeiro con Atlántico Diario e La Región e a partir de 1998 con Faro de Vigo, na actualidade traballa como free-lance. Ten no seu haber varias exposicións, a última individual: “Contrastes”. Son importantes as súas reportaxes realizadas en Mauritania, Centroamérica e Albania.

Exposición: CRÓNICAS MESTIZAS

"Mar de petróleo"

Xosé VARELA VILARIÑO

Agolada, 1956
Comezou coa pintura para a partir de 1988 adicarse a fotografía como afeccionado. O seu eixo central é a fotografía de natureza e moi especialmente a macrofotografía; é tamén unha das súas preocupacións a degradación medio ambiental. A partir de 1992 fai incursións no fotoxornalismo, publicando en numerosos medios españois e estranxeiros. Ten un cento de premios e leva participado en máis de duascentas mostras colectivas.

Exposicións: FOTOTRABALLO 99 e III CERTAME VIÑA DO CAMPO