"Herdeiros de Chernobyl. Tarará, Cuba", 1992

Rick DÁVILA WOOD

Bilbao, 1964
Licenciado en Bioloxía pola UPV, graduouse en fotografía no International Center of Photography de Nova York. Ten numerosos galardóns: Fotogranprix 93, II Premio de reportaxe World Press Photo en 1993, o Ortega y Gasset en 1994, Fotopres 95 e nese mesmo ano o Best American Picture of the Year. Os seus traballos están publicados nas principais revistas nacionais e internacionais e ten participado en mostras individuais e colectivas. En 1997 recibe o León de Prata en Cannes pola realización fotográfica dunha campaña publicitaria. Na actualidade traballa como free-lance, repartindo a súa actividade entre o retrato editorial, a reportaxe e a publicidade.

Exposición: RICK DÁVILA 1989-1998

"Centro de recollida de refuxiados en Katmandú,
Nepal (2)"

Ángel LÓPEZ SOTO

Bos Aires (Arxentina), 1952
Afincado en Madrid, profesional da fotografía, está especializado en fotografía editorial e reportaxes de viaxes; colaborou para diversas revistas desta especialidade e de moda, ademais doutras de información xeral.

Exposición: II PREMIO “LUIS VALTUEÑA” DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA

Da serie "Barrio Chino"

Eva MORALES

Casablanca (Marrocos), 1971
Viviu en Tunes ata 1982, instalándose despois definitivamente en Barcelona. Estudiou fotografía no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya e posteriormente completou a súa traxectoria académica na Escola de Fotografía da Fundación Politécnica. Traballou como asistente de varios fotógrafos e publicou no Diari de Terrassa. Actualmente traballa no Hangar, Talleres de Santa Isabel, un centro da Associació d’Artistes Visuals de Catalunya

Exposición: FOTOPRES ’99