"O teito da ciencia"

Juan Carlos BARBERÁ MARCO

Valencia, 1965
Cursa estudios de fotografía na Escola de A. A. e Oficios Artísticos de Valencia entre 1981 e 1986. Traballa ata 1989 na fotografía publicitaria e industrial, para pasar despois ó campo da información traballando para axencias e medios como Diario 16 e El Mundo, abrindo a delegación en Valencia en 1997. Hoxe está nunha nova etapa da súa traxectoria fotográfica, adicándose á reportaxe como independente. O currículo é curto en exposicións e premios... de momento, como di o propio autor.

Exposición: FOTOTRABALLO 99

Sen título

Luís BOTANA

Ferrol, 1960
De formación autodidacta. Con estancias en Londres (1989-1990 e 1991-1993) e Nova York (1990), na capital britanica ten participado en exposicións colectivas e asistido a seminarios e cursos de fotografía con diferentes fotógrafos de prestixio internacional.

Exposición: TEMA, NO TEMA

Sen título

Xosé Miguel CASTRO GONZÁLEZ

A Coruña, 1969
Membro do Colectivo “Ollo de vidro” da Coruña. Realizu os cursos Sistema de zonas, con Vázquez Caruncho (1996); Primeiros planos, impartido por J. Criss (1997); e A fotografía creativa, con Chris Steele-Perquins (1998). Participa nos Outonos Fotográficos deses tres anos nas mostras colectivas Xestos, aspaventos, O mar e Manda traballo, respectivamente, todas elas do colectivo “Ollo de vidro”. Participa do diaporama multimedia homenaxe a Uxío Novoneira (Santiago, 1999). Monitor dos cursos de fotografía da A. C. Alexandre Bóveda e da Casa da Xuventude de Oleiros. En 1997 realizou a exposición individual As xentes de Cee, no Café Rodín-Cee.

Exposición: MERCADO DE SAN AGUSTÍN, A CORUÑA