"Casa tecnolóxica", 1998-99
Javier VALLHONRAT
Madrid, 1953
Licenciado pola Facultade de Belas Artes de Madrid e profesor na Facultade de Belas Artes de Cuenca, foi Premio Nacional de Fotografía 1995. Comezou a expor nos anos oitenta; a súa preocupación polos novos territorios impregnou o seu quefacer, e converteuna nunha das referencias indispensables non só da fotografía senón da arte española nos últimos anos. É un dos artistas máis internacionais con obras en numerosas coleccións e museos de todo o mundo. Javier Vallhonrat pertence a esa categoría difusa pero precisa de fotógrafos nos que priman actitudes. Actitudes ben definidas que sobrepasan os límites do estrictamente fotográfico para subliñar cousas tan básicas como o seu posicionamento fronte á vida e fronte ós procesos de percepción. Por iso o seu traballo xerou sorpresa, incluso certa incomodidade, polo carácter reflexivo das cuestións que propuña e polos riscos que asumía nas súas solucións.
Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL V |