Sen título

Manuel GRAÑA VÁZQUEZ

Vilaño-Laracha (A Coruña), 1951
Membro do colectivo “Ollo de Vidro” da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña dende a súa creación. Realiza diaporamas, e colabora nos realizados polo colectivo. Participa en exposicións de forma individual e colectiva. Ten feito material fotográfico para unidades e vídeos didácticos e para varios libros. Imparte cursos de fotografía.

Exposición: MERCADO DE SAN AGUSTÍN, A CORUÑA

Da serie "Paisaxes corporais" #2. 1997

Yamila LOMBA

La Habana (Cuba), 1972
Desde 1993 traballa para a Axencia Informativa Prensa Latina S.A.. Ten realizado de forma paralela traballos de colaboración para a Unión de Periodistas de Cuba (UPEC) e a Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC). Cursos, exposicións colectivas e varias individuais nas que presenta imaxes de corte erótico

Exposición: METADE E METADE

"Astón"

Jorge MEIS

Ferrol, 1967
Graduado en fotografía artística pola Escola Pablo Picasso da Coruña, en 1991, ten un historial cheo de premios (Hofmann, Camiños de Ferro, Xuventude 97...), exposicións e actividades, das que destacámo-las súas mostras no Estudio Tría de Santiago e na Galería Dixital, Café Zucre e Centro Cultural Carballo Calero de Ferrol, en 1997; participou cunha mostra individual no Outono Fotográfico de 1998, e xa neste ano se incorpora como fotógrafo no recentemente aparecido Diario de Ferrol.

Exposicións: TEMA, NO TEMA, CERTAME FOTOGRAFÍA MEDIO AMBIENTE ATENEO DE FERROL e GALICIA EN FOCO