"Sentience", 1999
Daniel CANOGAR
Madrid, 1964
Licenciado en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense de Madrid, ten Masters en arte especialidade de fotografía pola Universidade de Nova York. Bolseiro do comité conxunto Hispano Norteamericano e do proxecto Germinations en Budapest e artista residente no Banff Center for The Arts no Canadá. Comezou a expor en 1985 participando en numerosas colectivas e temáticas en torno á fotografía e a luz, materias que utiliza con asiduidade, e en vinte individuais en capitais españolas, París e Nova York. Escribiu varios artigos sobre fotografía e imaxe, así como sobre a incidencia das novas tecnoloxías na arte. A súa obra, no límite de distintas disciplinas e dimensións, está orientada pola utilización da luz, cuxa influencia resulta determinante, acadando unha evidente densidade máis aló do efecto.
Exposición: UNHA PELICULA DE PEL V |
|
|
Sen título
Miguel GÓMEZ MUÑIZ
Ourense, 1966
Formouse como fotógrafo nas Escolas de Artes de Ourense e Santiago de Compostela. Foi o fotógrafo do Pavillón de Galicia na Expo de Sevilla. Traballou para a revista Nova Actualidade e para a axencia Oryx. Na actualidade é o responsable gráfico da delegación do ABC en Galicia.
Exposicións: OS CANS DE NINGUÉN e GALICIA EN FOCO |
|
Sen título
Pablo GONZÁLEZ
Madrid, 1969
Técnico en imaxe e son. Fixo o ano pasado unha mostra individual no Café de la Palma, de Madrid. Ten varios premios, sendo o máis recente o segundo no Certame de Fotografía - Injuve 98.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98 |