"As fases da lúa 6"
Javier ARIAS ARIAS
Villaverde de los Cestos (León), 1958
Licenciado pola Universidade Complutense, ten realizado varios seminarios. Desde 1980 fai exposicións de xeito regular, en España, especialmente en Madrid, e no Reino Unido. Colabora en xornais locais e algunha que outra revista. Na actualidade é profesor de fotografía e vídeo no IES Luis Buñuel de Móstoles.
Exposición: METADE E METADE |
|
|
"lacobi vinum est"
Alberto BANDÍN MARENTES
A Coruña, 1971
Arquitecto pola Escola da Coruña, comezou de maneira autodidacta na fotografía no ano 1992. Dende entón, e no campo da creación fotográfica, ten feito numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas. A súa traxectoria está chea de premios en certames; entre os últimos destaca o 1º Premio no XIV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 98. Este ano impartiu clases de fotografía en branco e negro na Universidade da Coruña. Traballa como free-lance, e está especializado en fotografía arquitectónica e publicitaria, colaborando habitualmente con diversas editoriais e axencias.
Exposicións: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99 e III CERTAME VIÑA DO CAMPO |
|