"Escaleira"

Eduardo OCHOA

Lugo, 1952
Un referente da fotografía galega, participando en tódalas iniciativas das dúas últimas décadas, desde o grupo Fonmiñá –o que colaborou a fundar en 1977– do seu Lugo natal. Foi o organizador das cinco Mostras Fotográficas de Lugo. Ten varias publicacións, sendo especialmente subliñable a súa colaboración co poeta Claudio Rodríguez Fer. De formación autodidacta.

Exposición: DERIVA

"Lugo. Ribeira Sacra", Xullo 98

Xosé Manuel OTERO

Taboada, 1958
De formación autodidacta, traballa indistintamente a cor ou o branco e negro, con inclinación a temas paisaxísticos ou a retratos. Ten feito exposicións individuais na Sala Fonmiñá de Lugo nestes últimos tres anos.

Exposición: A RIBEIRA SACRA

"Verín: a vila do val"

Plácido L. RODRÍGUEZ

Gomesende (Ourense), 1954
Activo membro da Real Sociedade Fotográfica de Madrid, cun amplo currículo: exposicións –unha das primeiras na Casa da Xuventude de Ourense en 1985–, obra publicada en revistas especializadas e na prensa diaria, e cursos. En 1997 creou en Madrid a galería de arte Artegrafía, dirixindo dende entón exposicións de obra gráfica. É un importante colaborador dos Outonos Fotográficos, ós que aporta, ademais da súa obra, as valiosas relacións que mantén con importantes fotógrafos.

Exposición: O VERÍN FINISECULAR