"A ablación da nena Kadi nun país subsahariano"

Kim MANRESA

Barcelona, 1961
Iniciou a súa carreira fotoxornalística a mediados dos anos setenta cunhas reportaxes acerca das loitas obreiras. Desde 1985 forma parte do equipo de fotógrafos do xornal La Vanguardia. Colabora coa axencia VU de París e publica en varios xornais e revistas internacionais. En 1990 gañou o primeiro premio FotoPres e tamén foi premiado en cinco ocasións e en varias categorías. Neste ano a súa reportaxe Ablación da nena Kadi nun país subsahariano levou numerosos premios internacionais e foi publicada nun libro de autor. Con outros traballos mereceu máis de 20 premios de fotoxornalismo nacionais e internacionais. A súa obra estivo exposta en máis de 60 ocasións en galerías e museos de todo o mundo. Ten varios libros de autor.

Exposición: FOTOPRES ’99

1º PREMIO

"Funeral en Kosovo"

Enric FOLGOSA

Barcelona, 1959
Comezou a traballar como fotoxornalista en América Central para a axencia Reuter. En Barcelona cubriu os Xogos Olímpicos para a mesma axencia e colaborou con La Vanguardia. A finais de 1992 trasladouse a Saraievo; precisamente co traballo Sarajevo 1993 gañou o primeiro premio do concurso FotoPres aquel ano. Neste 1999 obtivo en Estados Unidos o Award of Excellence, Picture of the Year, pola serie de fotografías que realizou o ano pasado en Iraq, titulada Faces of Iraq. Na actualidade vive no Cairo e traballa como correspondente da axencia The Associated Press en Oriente Medio, África (Congo, Serra Leona, Libia e Sudán) e na zona de conflicto dos Balcáns.

Exposición: FOTOPRES ’99

2º PREMIO

"Novicias de clausura"

Anna BOYÉ

Barcelona
Reportaxes, países, retratos –un deles gañou o premio FotoPres de 1987 nesa categoria– enchen o seu currículo. As súas imaxes sobre a descomposición da Unión Soviética, a proliferación das bandas armadas nos Estados Unidos, así como a reportaxe sobre Copito de Nieve, o gorila branco, foron publicadas nas máis prestixiosas revistas nacionais e internacionais. Realizou reportaxes para a revista dominical de La Vanguardia. En 1995 viaxou a China para documenta-la Conferencia Internacional da Muller, e en 1997 iniciou unha extensa reportaxe acerca do mundo da muller na Igrexa. O seu traballo exhibiuse en galerías de arte varias veces e publicouse en libros de autor.

Exposición: FOTOPRES ’99

3º PREMIO