Días de verán 3

Xulio VILLARINO AGUIAR

Foz (Lugo), 1969
É diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo. De formación autodidacta, participa en distintas exposicións colectivas e individuais –“Na Semana Santa”, Outono Fotográfico de 1995–. Inicia a súa actividade no fotoxornalismo en 1993 desenvolvendo o seu traballo primeiro na mariña lucense e posteriormente en Vigo. Vén de cubri-la guerra de Kosovo dende a súa fronteira con Albania para La Voz de Galicia e Diario 16. Gañou o II Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, no que xa fora finalista na primeira edición. Tamén neste ano acada un accésit no Certamen de Fotografía do Injuve, o 1º Premio no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99 e, neste mes de outubro, o “Aurelio Carracedo”, concedido pola Deputación de Ourense.

Exposicións: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99 e GALICIA EN FOCO

1º PREMIO

O traballo

Manuel VALCÁRCEL CABO

Monforte, 1975
Desde os 14 anos, cando compra a súa primeira cámara, fai fotografía. Acaba de free-lance no eido da moda en axencias de Vigo. Fixo unha exposición sobre natureza. Participa en distintos certames, destacando os segundos premios no Xuventude 96 e no Xuventude 99.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99

2º PREMIO

Pintando caras

Bernardo SACO RODRÍGUEZ

Ourense, 1971
Dende o ano 1994 ó 1997 cursou fotografía no C.E.V. de Madrid, especializándose en fotografía publicitaria e creativa. Realiza exposicións individuais e colectivas gañando diversos premios. De finais de 1997 a maio de 1998 traballa para O Correo Galego, en Ourense. Fotógrafo oficial do Festival de Cine de Ourense na edición de 1998. Na actualidade traballa como fotógrafo free-lance na súa cidade. Acaba de leva-lo 3º Premio no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99

3º PREMIO