TITRUTH
Producida pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia a través do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e The Hispanic Society of America.
O interese por incrementar e sistematiza-la información sobre as xentes e os costumes de Galicia levaron á dirección da Hispanic Society a planear en 1924 un rigoroso e específico traballo. O encargo recaeu en Ruth Matilda Anderson, quen, no seu ensaio galego, buscou sempre un país incontaminado, escapando dos escenarios comúns das cidades occidentais e atopando a diferencia, a personalidade do pobo galego, nas xentes do rural e do mar e nos oficios urbanos artesanais e de menor categoría social, moi na liña de traballo dos fotógrafos contemporáneos norteamericanos, e coincidente co obxectivo definido pola Hispanic Society en canto a plasmación do que podería haber de xenuíno e verdadeiro no pobo e nas terras de Galicia.
O camiño cara ás raíces auténticas dos pobos foi trazado en Galicia por Ruth Matilda Anderson, apoiándose nunha perfecta planificación e nunha rede de contactos previamente establecida,
e no coñecemento da historia e a realidade de Galicia, gracias á lectura de obras de Pérez Costanti, Castro Sampedro, Murguía, Carré e Rosalía de Castro.
En agosto de 1925 Ruth e mailo seu pai, Alfred Anderson, que a acompañou na viaxe, deron por finalizado o seu periplo galego tras realizar case 5.000 fotografías. En decembro dese mesmo ano, Ruth volveu a Galicia a completa-lo seu traballo. Percorreu de novo toda Galicia, realizando 2.300 novas fotografías para o seu proxecto, que vería a luz en 1939 en forma dun espléndido libro titulado Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña, con cerca de 700 fotografías e un documentado e atractivo texto, onde quedan fóra as fotos realizadas en Ourense e Lugo, presentes sen embargo, tanto nos seus itinerarios como no arquivo fotográfico da Hispanic Society.
FIGON
CURSOR