TITGUERRAS
das" forma parte dun vasto proxecto de selección, documentación e creación dunha base de datos dixitalizada sobre os fondos da axencia.
O poder crecente dos medios de comunicación e a posibilidade de transmitir información en directo fixeron surxir voces que preveñen contra a obxectividade das imaxes da guerra. A exposición confronta as fotografías con textos críticos e poéticos que abordan o tema da violencia fratricida e que se interrogan sobre o papel das imaxes fronte a traxedia e a dor.
.
Do catálogo editado pola Fundación "la Caixa" organizadora da mostra
As máis antigas tradicións da humanidade, os mitos e as lendas de heroes con frecuencia xiran arredor de homicidios e asasinatos. O home teme o descoñecido, quere saber con quen se enfronta, recoñecelo. A guerra civil non só é un costume ancestral, senón a forma primaria de todo conflicto colectivo. Dende tempos remotos as descricións de guerras civís baséanse nuns mesmos elementos: o odio larvado, o estourido da violencia, a transformación da paisaxe, o decorrer da vida cotiá baixo o terror, o dó, as consecuencias sobre os sobreviventes e sobre o contorno. O fotoperiodismo moderno permítenos recoñecer eses elementos en fotografías obtidas en lugares e épocas moi distintas: da Guerra Civil Española a Bosnia, de Alxeria a Somalia, de Irlanda do Norte ó Sudán.
Ó longo de cincuenta anos, os fotógrafos da axencia Magnum foron testemuñas excepcionais de guerras civís en todo o mundo. Fundada en 1947, a axencia funciona como cooperativa, á marxe da lóxica comercial do mercado da prensa. Os fotógrafos gozan de grande liberdade para a elección e o tratamento dos temas. Así, as súas reportaxes van máis alá da inmediatez do momento e conseguen sacar á luz os comportamentos atávicos que subxacen baixo os conflictos civís. "Guerras fratrici
FIGON
CURSOR