TITFONMI
I.s.a.b.e.l...G.ó.m.e.z...R.i.v.a.s
O imaxinario de Lugo, forxado a través dos séculos, ten os seus mitos e os seus poetas; dende finais dos oitocentos, tamén os seus fotógrafos, que capturaron a arquitectura, a atmosfera, as facianas das xentes; en definitiva, trozos de tempo detido da cidade. Os pioneiros foron Rodríguez y Romay, que traballaba en Lugo xa en 1867, e Avrillón, nos comenzos deste século. Na década dos vinte, a nómina de fotógrafos que desenvolvían esta novidosa profesión creceu: Carballés, que tiña o seu estudio na rúa da Raíña; Constantino Rodríguez, instalado na rúa Conde Pallares; Lamela, na rúa San Marcos, e Quintero, que percorreu as feiras como fotógrafo minuteiro(1).
Non obstante, o lucense Salvador Castro S. Freire (1872-1952) é o que, con toda propiedade, merece ser considerado o precursor da fotografía artística. Foi seu o primeiro verascopio que chegou á cidade e a el debemos as imaxes de monumentos, paisaxes e xentes do Lugo do seu tempo. Na rúa San Pedro, Castro Freire tiña, non un estudio fotográfico, senón a súa farmacia e o seu domicilio. Na rebotica, Castro Freire recibía ós habituais dunha tertulia que só se desintegrou en 1935 co peche do establecemento e despois de corenta anos de reunións; no seu domicilio gardaba un arquivo sobre a historia de Lugo coa documentación recollida durante sete ou oito lustros. Tanto a tertulia e o impresionante arquivo como a figura desta singular personaxe foron evocados, en varias ocasións, por Ánxel Fole nos seus artigos(2). Fole parece adiviñar a trascendencia da contribución de Castro Freire ó futuro da cidade, que vai máis alá do legado físico ou material duns centos de fotografías, porque comprende que estas pasarán a conformar o imaxinario lucense.
Outros moitos homes contribuíron a ese labor. No primeiro tercio deste século, sobresaen os nomes de Pedro Varela, Manuel López Villa, Ángel Vega Barrera, Leopoldo Gasalla e Valentín Roldán, este último pai de fotógrafo tamén. Daquela, a afección á fotografía era minoritaria, pero xa nucleadora de tertulias nos cafés da Praza Maior ou no Círculo de las Artes e incluso dalgún concurso, como o organizado por esta última institución en 1935, o I Salón de Outono de Fotografía, que, ademais de premiar a Leopoldo Gasalla, ó poeta Luís Pimentel, a Valentín Roldán e a Ángel Vega Barrera, contribuíu a difundir a nova canle de expresión artística. Xa en 1943, en concreto no mes de xullo, púidose visitar na Deputación Provincial unha exposición que merece ser lembrada. A través das fotografías de finais do século dezanove de Salvador Castro Freire e dos anos corenta, tomadas por Valentín Roldán, a mostra propoñía unha viaxe pola historia da xeografía urbana da cidade de Lugo.
01 Vivancos
Juan José Vivancos
FIGON
CURSOR