8
KARNASSIOTIS Constantino L. RODRIGUEZ Placido LEMOS Manuel LOIOLA ARRIOLA Felipe
Constantino Karnassiotis
Da serie "Prometeo atado"
Plácido L. Rodríguez
"Estima"
Manuel Lemos
"Botando raíces"
Felipe Loiola Arriola
Sen título
Atenas, 1950
Publicou textos sobre arte e literatura en xornais, revistas, enciclopedias, etc. Ten unha ampla experiencia cinematográfica. Tamén publicou as fotografías que expón no Outono Fotográfico nun libro co mesmo título, en edición bilingüe, inglés-grego.
Gomesende (Ourense), 1954
Activo membro da Real Sociedade Fotografica de Madrid, cun amplo curriculum: exposicións, --unha das primeiras na Casa da Xuventude de Ourense en 1985--, obra publicada en revistas especializadas e na prensa diaria, e cursos realizados. En 1997 creou en Madrid a galería de arte Artegrafía, dirixindo dende entón exposicións de obra gráfica.
Vigo, 1958
Membro do colectivo "Ollo de vidro". Fotógrafo autodidacta inclinado ós temas paisaxísticos. Última exposición: "Galicia: paisaxe", no pub Picasso (1996). Primeiro premio do concurso fotográfico II Regata Cutty Sark-A Coruña.
Eibar, 1959
Introduciuse no mundo da fotografía de maneira autodidacta en 1985. Tres anos máis tarde entrou a formar parte do colectivo fotográfico C. D. Eibar, a través do que realiza numerosas actividades; como impartir cursos de iniciación e especialización, realización de mostras individuais e colectivas, participación en certames fotográficos obtendo numerosos premios, etc. Na actualidade adícase profesionalmente á fotografía.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
"PROMETEO ATADO". UNHA PROPOSTA PICTÓRICA
Unha recreación da obra clásica, realizada cunha lóxica de montaxe cinematografica. O número das copias é dun máximo de once por fotografía, numeradas e asinadas polo autor, o que ten depositados os negativos na Universidade de Creta.
Na Galería Obradoiro de Artes de Tamallancos, do 2 ó 16 de novembro.
Exposición: FOTHOMENAJES
30 fotografías, positivadas en cibachrome. Todas elas realizadas en pequenos escenarios (bodegón) e cada unha inspirada nun personaxe real.
No Liceo Recreo Ourensán, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
CURSORcor