7
GONZO GLEZ HEBLES Juan F HERRERA Cristobal IGLESIAS Victoria
Gonzalo González Borjes
Da serie "Con el párpado abierto"
Juan F. Hebles
"Racismo"
Cristóbal Herrera Ulashkevich
Sen título
Victoria Iglesias
"Ayudando a tomar las natillas"
A Habana, 1959. Arquitecto. En 1989 realizou o taller de fotorreporteiro da Unión de Periodistas de Cuba (UPEC). Traballou para as revistas Urbe e Habanera. Destacamos das súas numerosas exposicións as deste ano: "Salón do espido", no Xapón; individual no Fondo Cubano da Imaxe Fotográfica e participación en mostras colectivas en España, Italia e Francia.
Sevilla, 1967
Cunha formación basicamente autodidacta, conta no seu haber con máis de 50 premios ("Jóvenes Andaluces 91, 92, 93 e 97"; San Prudencio 95 e 97; Fotogatze 95 e 96; VII "Creación Joven 96", "Imágenes Jóvenes 97", "Diputación de Cuenca 98"...) e numerosas obras seleccionadas en salóns nacionais e internacionais (Caja Vital Kutxa 93, Aduana 95 e 97, Caja España 95, Agfoval 95, Bancaixa 96...) A súa obra atópase incluída en coleccións particulares, publicada en libros e catálogos e adquirida por diversos concellos e fundacións. Tamén ten realizado numerosas exposicións.
A Habana, 1971
Licenciado en Deseño Industrial, realizou o curso de fotografía da UPEC. Traballou para a revista Sendas e ten obra nas coleccións do Fondo Cubano da Imaxe Fotográfica, onde realizou unha exposición individual, e na Fototeca de Cuba. É membro da Asociación de xoves creadores cubanos "Hermanos Saiz".
Baracaldo (Biscaia), 1966
Licenciada en ciencias da información. Iniciou a súa andaina persoal na revista Panorama (88-92), traballando dende entón como free-lance. Traballa e colabora para Viajar, Intervíu, Cosmopolitan, La Vanguardia, Paris-Match... por cita-las máis recentes. Tamén realiza traballos para empresas e editoriais. A fotografía deste catálogo forma parte dunha serie pertecente a unha reportaxe sobre o voluntariado na que está a traballar.
Exposición: CATRO MIRADAS
Corenta fotos en branco e negro de catro autores cubanos, Raúl Cañibano, Gonzo González, Cristóbal Herrera e Humberto Mayol nunha mostra posible gracias ó patrocinio do "Centro de la Cultura Comunitaria de Cuba" e o "Fondo Cubano de la Imagen Fotográfica", e na que podemos ollar unha Cuba vista desde dentro, complemento das numerosas mostras que se levan feito coas imaxes tomadas por visitantes.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Exposición: CATRO MIRADAS
Corenta fotos en branco e negro de catro autores cubanos, Raúl Cañibano, Gonzo González, Cristóbal Herrera e Humberto Mayol nunha mostra posible gracias ó patrocinio do "Centro de la Cultura Comunitaria de Cuba" e o "Fondo Cubano de la Imagen Fotográfica", e na que podemos ollar unha Cuba vista desde dentro, complemento das numerosas mostras que se levan feito coas imaxes tomadas por visitantes.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Exposición: I PREMIO INTERNACIONAL DE
FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Premios e obras seleccionadas nesta primeira edición do certame que Medicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado cun millón de pesetas, escollido entre os centos de fotos participantes, foi para Luís Sánchez Davilla, pola foto "Sur Sudán". Tamén se concederon dous accésit de 125.000 pts. cada un a Genín Andrada e a Federico García Cabezón. Estas fotografías xunto con outras cincuenta integran a mostra.
No Museo Municipal de Ourense, do 20 ó 30 de novembro.
Exposición: IMÁGENES JÓVENES 1997
Clásico certame do Injuve que leva xa once edicións, testemuña e crónica da fotografía xove española, nesta ocasión con fotos relacionadas coa loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo. Obras de Antonio Aragón, Tina Bagué, Rafael Carmona, Santos Carretto, José María Cornejo, Ana Costales, Julio Cuadrado, Javier Euba, Juan F. Hebles, Juan Miguel Morales, José Muñoz, Elisabeth Rojas e Miguel Romero.Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Na Casa Grande de Viloira do Barco de Valdeorras, do 18 ó 29 de novembro.
CURSORcor