5
DAVILLA Luis DEA Eduardo FDEZ NOVO Fernando FLORES HUECAS Fernando
Luís Davilla
Sen título
Eduardo Dea
"En el portalón de la corrala"
Fernando A. Fernández Novo
Sen título
Fernando Flores Huecas
Serie "El imperio de los sentidos"
Madrid, 1965
Licenciado en Imaxe no ano 1988. Comeza a sua andaina profesional na revista Panorama para a que fai reportaxes tanto en España como noutros países. En 1994 é finalista dos "Premios Ortega y Gasset". Continúa a súa actividade na axencia Cover. Desde principios do ano 1996 instálase como free-lance. Ese mesmo ano participa como invitado no curso de verán da Universidade Complutense de Madrid "Fotografía española". É elixido por Fujifilm como "Mejor fotógrafo de prensa español de 1996", e ó ano seguinte obtén unha mención especial no mesmo certame. Dende principios deste ano forma parte do proxecto en castelán da revista Paris-Match como xefe de fotografía.
Madrid, 1947
Afeccionado á fotografía dende 1972, é socio da Real Sociedade Fotográfica de Madrid desde a mesma época. Das súas exposicións, destaquémo-la última, que presenta neste Outono Fotografico, realizada no Centro Cultural de la Villa de Madrid, dentro do programa de PHotoEspaña 98. Obtivo premios en concursos nacionais e internacionais; e publicou a súa obra nos catálogos de "Arte y Tradiciones de España" de 1984, 1985 e 1986; "Cuatro Direcciones", en 1991, e "La Savia del Rastro 1975-19952 entre outros.
A Coruña, 1968
Comezos na Asociación Fotográfica de Cambre na que participa, e nas exposicións "O antroido en Cambre" e "Un día no Couto". Mentras remataba a licenciatura en Mariña Civil colaborou como fotógrafo na Gaceta Universitaria e Diario Médico e máis tarde no xornal deportivo Marca. Lonxe destas últimas actividades expuxo individualmente en "Ei rapaz", e colectivamente en "La huella del hombre".
1952
Fotógrafo dende os 14 anos, posúe un brillante e extenso curriculum nas múltiples facetas da fotografía: mostras, publicacións, premios... Ten obra na Colección Cualladó, Fundación ARCO, Museo Reina Sofía e Museo de Reus. Á marxe da actividade fotográfica profesional, realiza traballos monográficos como investigación persoal e como forma de realización e expresión a través de imaxes, considerando a fotografía unha manifestación artística ó nivel das outras artes tradicionais.
Exposición: APAIXONADAS
Situacións que amosan particulares aspectos e resultados da condición humana. Nalgúns casos as paixóns desatadas fan perde-los sentidos aillándose do contorno que as rodea; amosándose así escenas sensuais, de ira, de sexo, de exhibicionismo, tan graciosas como ridículas, recollidas en Galicia, Holanda, Brasil e EE.UU. Non só son escenas espontaneas de persoas apaixonadas, tamén se recollen escenarios fortuítos ou provocados.
No Centro de Arte El Masón de Pontevedra, do 1 ó 30 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición. 1997
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposición: LA SAVIA DEL RASTRO 1975-1995
Máis de medio cento de imaxes sobre o popular rastro madrileño. «As imaxes recollen dúas décadas de traballo continuado en busca da imaxe máis xenuína e tradicional dese mundo, fascinante e nostálxico, atractivo e embriagador, que é o rastro madrileño. Desde 1975 ata a actualidade, Eduardo Dea, afeccionado á fotografía desde comezos dos anos setenta e membro da Real Sociedade Fotográfica desde aproximadamente a mesma época, vén percorrendo, cámara en man, ese lugar. A súa particular atracción e paixón polo mesmo débese, por unha parte, á súa afección por documentar épocas e lugares e, por outra, a que Eduardo Dea non só naceu nesas rúas senón que segue vivindo nos seus arredores.» Son palabras de Oliva María Rubio. Con catálogo propio
No Ateneo de Ourense, do 1 ó 15 de novembro.
Exposición: I PREMIO INTERNACIONAL DE
FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Premios e obras seleccionadas nesta primeira edición do certame que Medicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado cun millón de pesetas, escollido entre os centos de fotos participantes, foi para Luís Sánchez Davilla, pola foto "Sur Sudán".Esta fotografía xunto con outras cincuenta integran a mostra.
No Museo Municipal de Ourense, do 20 ó 30 de novembro.
CURSORcor