4
CASTRO Raul CASTRO Xose Miguel CATANY Toni CUADRADO Julio
Raúl Castro
Sen título
Xosé Miguel Castro
"Vendedor da Farola"
Toni Catany
"Bodegón"
Julio Cuadrado
Sen título
Montevideo (Uruguai), 1956
Iniciaciase na fotografía de xeito autodidacta, no ano 1979. Dez anos máis tarde pasa a formar parte do colectivo "Ollo de vidro", da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, co que realiza actividades, participa na creación dos seus safaris fotográficos e forma parte das mostras colectivas do grupo nos Outonos Fotográficos de 1994, 1995 e 1996.
A Coruña, 1969
Membro do Colectivo "Ollo de vidro" da Coruña. Realizou cursos de fotografía a distancia durante dous anos. En 1996 seguiu un curso de Sistema de zonas con Vázquez Caruncho. Participa en varios concursos fotográficos: Amigos do Museo Arqueolóxico, 1994, e Caminos de Hierro, 1995. En 1997 realizou a súa única mostra individual, no café Rodín de Cee. Neste mesmo ano participou en varias colectivas en Oleiros e A Coruña.
Llucmajor (Mallorca), 1942
Autodidacta. Vive e traballa en Barcelona desde 1966. En 1968 publica as súas primeiras reportaxes sobre Israel e Exipto. A partir de 1979 dáse a coñecer internacionalmente cun traballo no que utiliza a antiga técnica do calotipo. Desde 1972, ano da súa primeira exposición, leva realizado máis de cen individuais e outras tantas colectivas en todo o mundo. Numerosos premios ós seus libros de fotografía.
Oviedo, 1969
Cunha notable actividade a partir de 1995, neste 1998 tivo unha exposición individual titulada "Los mares de la Luna", no Centro Municipal El Coto, de Gijón, participando ademais nas colectivas "10 x 10. 10 años de Arte emergente en Asturias", na Sala Borrón, de Oviedo; "Foto 98" da Junta de Castela e León; e na Mostra Rexional de Artes Plásticas, seleccionado na sección de fotografía pola Dirección Rexional de Deportes e Xuventude do Principado. Estas dúas últimas exposicións son itinerantes.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: FOTOGRAFIES
«Pouco a pouco naceu en min o desexo do retrato, o retrato en cor, outra vez, para obte-lo resultado apetecido, cambio de técnica. Será Polaroid 609 transportado sobre papel acuarela ou seda natural. Esta técnica traballosa fai que cada exemplar obtido poda considerarse único. O novo resultado lembra o calotipo, pero en cor. Ademais do retrato fotografo naturezas mortas, espidos, paisaxes, tal como fixen coa miña primeira serie.» (Do catálogo da mostra) Con catálogo propio.
Na Sala de Exposicións de Caixa Galicia, do 3 ó 23 de novembro.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: IMÁGENES JÓVENES 1997
Clásico certame do Injuve que leva xa once edicións, testemuña e crónica da fotografía xove española, nesta ocasión con fotos relacionadas coa loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo. Obras de Antonio Aragón, Tina Bagué, Rafael Carmona, Santos Carretto, José María Cornejo, Ana Costales, Julio Cuadrado, Javier Euba, Juan F. Hebles, Juan Miguel Morales, José Muñoz, Elisabeth Rojas e Miguel Romero.Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Na Casa Grande de Viloira do Barco de Valdeorras, do 18 ó 29 de novembro.
CURSORcor