3
BOTANA Luis CABADA Anxo CANNIBANO Raul CASTRO BAL Eduardo
Luís Botana
Sen título
Anxo Cabada
Sen título
Raúl Cañibano Ercilla
Sen título
Eduardo Castro Bal
"Manda traballo"
Ferrol, 1960
De formación autodidacta. Con estancias en Londres (1989-1990), Nova York (1990) e Londres (1991-1993), nesta última cidade ten participado en exposicións colectivas e asistido a seminarios e cursos de fotografía con diferentes fotógrafos de prestixio internacional.
Sabucedo, 1957
Simultanea o video coa fotografía. Entre as súas actividades máis coñecidas resalta o traballo como realizador do programa da TVG, "Viaxeiros da luz". Ultimamente adicase ó retrato. Participou nos últimos Outonos Fotograficos.
A Habana, 1961
Fotógrafo profesional, hoxe como free-lance. Participou en numerosas exposición colectivas por países americanos e europeos; a última do ano pasado, foi a 6ª Bienal da Habana. En 1993 realizou unha mostra individual "Cazador solitario", na Fototeca de Cuba.
Pontevedra, 1956
Membro do colectivo de fotografía "Ollo de Vidro" da Coruña. É profesor en cursiños, e ten actividade en publicidade, moda, decoración (revista Intro do Colexio de Decoradores da Coruña) e xornalismo (en El Mundo)
Exposición: O PAÍS FLUTUANTE
de Anxo Cabada e Manolo P. Rúa
Dous fotógrafos déixanse levar pola inxenuidade da chegada ó Brasil. Brasil é o país onde o futuro sempre está aprazado. Hai quen vai alá buscando un café con sol, garotas e futebol pero bate coa festa da Conceiçao baixo o elevador de Salvador de Bahía, cun país de mil credos, de retirantes queimados polo sol do sertâo, visitantes do Cristo do Corcovado, vendedores de carne, aeroportos con carteis de "búscase" (nenas e nenos desaparecidos), grandes mercados do subemprego onde a xente se amorea coma nun interminable todo a cen da Amazonia onde unha profesora lecciona para 64 crianças ó ritmo do río do río dos jacarés, o arará, o macaco, a formiga azteca, a anaconda entre as cachoeiras da floresta... No país onde as orquídeas medran nas árvores mas não parasitam delas, as xentes buscan o futuro fuxindo do pesadelo das favelas, palafitos e casas flutuantes da ribeira dos ríos. Flutuar, en Brasil, é unha metáfora para escapar da fame.
No Museo Municipal de Ourense, do 17 ó 30 de novembro.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: CATRO MIRADAS
Corenta fotos en branco e negro de catro autores cubanos, Raúl Cañibano, Gonzo González, Cristóbal Herrera e Humberto Mayol nunha mostra posible gracias ó patrocinio do "Centro de la Cultura Comunitaria de Cuba" e o "Fondo Cubano de la Imagen Fotográfica", e na que podemos ollar unha Cuba vista desde dentro, complemento das numerosas mostras que se levan feito coas imaxes tomadas por visitantes.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Exposición: ANIMAIS DEMASIADO HUMANOS
De Jorge Meis e Luís Botana
«Se cadra, Luís e Jorge non son conscientes, pero sempre ­tanto ten cal sexa o motivo fotografado­ caen no mesmo exercicio pornográfico: fotografan a súa/nosa alma. Nesta ocasión, o obxectivo escollido como canle de expresión son os animais. Animais urbanitas, fillos bastardos do noso mesmo espacio, das nosas mesmas doenzas. Animais presos dun mal que, seguramente, nós mesmos lles contaxiamos. Tristura, soidade, cansazo, desolación, esperanza. Todo isto está presente nos compañeiros menores de Adán no paraiso de formigón. Animais que nos lembran, ás veces acusadores, que no mundo hai algo máis aló da nosa leira mental. Probablemente o máis complicado das fotos de Luís Botana e Jorge Meis non sexa a parte técnica ou a plasmación plástica ­xa dificil abondo­ do motivo. O reto é poñerse frente por fronte. Corre-la cortina é asomarnos ás súas fotos como a un espello. Un espello no que a nosa alma perde o seu disfrace e fica espida ante nós mesmos e os máis. En todo caso, a aposta paga a pena.» Gabriel Aúz e Serxio González.
No Studio 34 de Ourense, do 1 ó 15 de novembro.
CURSORcor