2
ALVAREZ Javier ANDRADA Genin ARAGON Antonio BAGUE Tina
Javier Álvarez
Sen título
Genín Andrada
Sen título
Antonio Aragón Renuncio
Da serie "Alienados"
Tina Bagué
"Raval, BCN 1997"
Ourense, 1971
Estudiou fotografía no Saint Martin's College de Londres, no 95, ano no que fixo a súa primeira exposición no Outono Fotográfico. Neste ano presentou unha mostra individual no Maio Fotográfico de Leiria. No 96 continuou en Londres estudios no London Institute. Neste ano e no seguinte manterá unha exposición individual, "Odjos lindos"
Cáceres, 1963
Fotógrafo profesional que traballa dende 1989 para distintas axencias. En 1987 recibe o premio "Constitución" da Comunidade de Extremadura e en 1994 unha beca da Fundación la Caixa, que lle permite realizar un traballo sobre os efectos da sida en varios países de Europa. Estas imaxes foron obxecto dunha exposición en decembro de 1996 no Museo Raíña Sofía de Madrid; en 1997 recibiron o premio especial do xurado da "Semana Negra" de Xixón e neste mesmo ano accésit no Concurso de fotografía Humanitaria que veremos no Outono Fotográfico. Tamén en 1998 obtivo o "Premio Paris Photo" e o "Premio Extremadura á Creación" por un proxecto de fotografa-los pobos de América Latina.
Santander, 1971
Descobre a fotografía a mediados dos 90. Desde entón participa en distintos proxectos relacionados co medio (profesor de fotografía da Dirección Rexional de Xuventude, coordena a sección de fotografía do suplemento cultural do diario Alerta e da revista Cóctel Cultural, preside o colectivo de fotógrafos Nostromo, organiza e modera os I Encontros de Fotografía de Santander...); gañou varios premios (entre eles, "Imágenes Jovenes 97", Rexional de Artes Plásticas 97 e 98...), e expuxo obra nas principais salas de Cantabria, do mesmo xeito que en Madrid, Valencia, León, Albacete e Portsmouth.
Barcelona, 1974
Con estudios de fotografía en distintos centros de Cataluña e Philadelphia (EE.UU.). Leva varias exposicións individuais e ten participado tamén en colectivas. Colaboracións para a revista Veïns.
Exposición: ESCAPARATES
de Javier Álvarez Soto
«Ata agora, fixen tantos retratos como dedos teño na man, pero é algo que me atrae e me apetece moito experimentar».
En escaparates da rúa do Paseo de Ourense, do 7 ó 22 de novembro.
Exposición: IMÁGENES JÓVENES 1997
Clásico certame do Injuve que leva xa once edicións, testemuña e crónica da fotografía xove española, nesta ocasión con fotos relacionadas coa loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo. Obras de Antonio Aragón, Tina Bagué, Rafael Carmona, Santos Carretto, José María Cornejo, Ana Costales, Julio Cuadrado, Javier Euba, Juan F. Hebles, Juan Miguel Morales, José Muñoz, Elisabeth Rojas e Miguel Romero.Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Na Casa Grande de Viloira do Barco de Valdeorras, do 18 ó 29 de novembro.
Exposición: I PREMIO INTERNACIONAL DE
FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Premios e obras seleccionadas nesta primeira edición do certame que Medicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. Genín Andrada obtivo un accesit. Esta fotografía xunto con outras cincuenta integran a mostra.
No Museo Municipal de Ourense, do 20 ó 30 de novembro.
CURSORcor