16
VEGA PATO Tomas VENTURA Julia VILLANUEVA Manuel
Tomás Vega Pato
"Limpando o xardín"
Julia Ventura
Sen título, 1988
Manuel Villanueva Melgar
Da serie "Escenas de praia"
Manzaneda (Ourense), 1938
Ampla experiencia nos distintos eidos da imaxe: publicacións, concursos, exposicións... Fotografía preferentemente a xente e os seus modos de vida, sen desdeñar por iso outros aspectos como poden se-la estética dos obxectos e a fotografía da natureza. Ten preferencia pola técnica do branco e negro.
Lisboa, 1952
Divide a súa actividade artística entre os Países Baixos e Portugal. Expón regularmente desde 1977 e nos últimos anos ten mantido unha colaboración regular coas galerías "Schouten & de Vries" de Haarlem e "Pedro Oliveira" do Porto. Foi obxecto dunha exposición antolóxica en 1997, "Two ways of life", que reuniu obras súas dos oitenta e noventa. Tamén estivo nese ano incluída na colectiva "En la piel del toro", en Madrid, representativa de parte da máis significativa producción plástica portuguesa contemporánea.
Ubrique, 1953
Profesor de matemáticas, en posesión do título de Artista F.I.A.P. e do premio andaluz de Fotografía 96/97. Gañou a 2ª edición do concurso El País Semanal. Medallas de ouro Fiap en Austria e Portugal e na actualidade conta con 120 seleccións internacionais.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposición: DENDE A SAIDA DO SOL
A vida dos monxes nun mosteiro. As imaxes, ordenadas en cinco capítulos ­A oración, O mosteiro, O traballo, A hospitalidade, O xeito de vivir­ e un epílogo, recollen o quefacer cotián da comunidade que vive en Oseira, nunha serie de fotografías en branco e negro "que mostran o lado humano dunha vida adicada a Deus" segundo o seu autor. Con catálogo propio.
Na Sala de exposicións de Caixa Ourense en Ourense. do 3 ó 20 de novembro.
Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL IV
(EXTERIORIDADES ÍNTIMAS)
Dando continuidade ó proxecto Unha película de pel, nesta mostra ­comisariada por Miguel von Hafe Pérez­ dous importantes autores lusos dan a coñecer unha parte significativa do seu traballo recente. Os universos de Júlia Ventura e Luís Palma, á partida perfectamente dispares, polarizados no tratamento de realidades públicas (o paisaxismo urbano de Luís Palma) e privadas (o autorretrato compulsivo de Júlia Ventura) fan nesta exposición unha intersección resolta na dimensión subxectiva da respectiva recepción. Se por un lado o modo como interpretamos unha paisaxe e, neste contexto, o xuízo que formulamos sobre unha determinada realidade urbanística pode cruzarse coas máis fondas conviccións individuais, así tamén o discurso sobre o retrato dun personaxe particular poderá entretecerse a partir de presupostos culturalmente adquiridos, logo adscritos á esfera dunha convencionalidade pública.Con catálogo propio.
Na Galería de Arte Marisa Marimón de Ourense, do 9 ó 30 de novembro.
CURSORcor