14
RGUEZ ALONSO Xose RITCHIE Mark MJ Romero Lobeiras ROMERO Miguel
Xosé M. Rodríguez Alonso
Sen título
Mark Ritchie
Sen título
Mª. José Romero Lobeiras
"Sempre co casco"
Miguel Romero Pérez
Da serie "Asideros"
A Coruña, 1969
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca no 92 e estudios de doutoramento na academia de arte s`-Hertogembosch (Holanda). Cursos internacionais en Maastricht, e diversas exposicións no Estado e en Holanda. No 93 fixo unha aportación da súa obra gráfica ós fondos da Biblioteca Nacional de Madrid. A súa producción actualmente está encadrada na pintura e a fotografía, centrándose nas observacións que todos podemos facer, para da-la visión de quen está rodeado. Rodeado de xentes e paisaxes.
Sydney (Australia), 1963
Estudiou fotografía no Sydney Technical College, entre 1981 e 1984. Traballa como fotógrafo freelance. Dende 1992 vive en Europa e dende 1997 en Ourense. Neste pasado mes de outubro ven de leva-lo Premio do IV Concurso de Fotografía El País Semanalno apartado de natureza e deportes.
As Pontes, 1958
Ama de casa afeccionada á fotografía, cun 1º premio no Certame de Medio Ambiente 96, promovido polo Ateneo ferrolán.
Sevilla, 1971
Licenciado en imaxe e son pola Universidade de Sevilla, onde realiza os cursos de doutorado en Comunicación audiovisual e publicidade. As súas mostras máis recentes son: "Imágenes Jóvenes", 1997, (Serie Asideros) e "Imágenes Jóvenes", 1998, (Serie Fotomatón).
Exposión: FOTOTRABALLO'98
Os premios e as fotografías seleccionadas na segunda edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro), contou cunha dotación de 400.000 pesetas en premios. Fotos de José Luís Abalo Abalo (accésit), Juan Luís Barceló Tafaner, Ana Elías Manén, Concepción Filgueiras Barro, José Antonio Gómez Bernal, Mariano López Gallego, Pol Martínez, Fernando Moleres (1º premio), Xaquín Novoa Sanz, José Edmundo Paz da Cruz, Xosé Rañó Bueno (2º premio), Ricardo Rocha Parga, Mª José Romero Lobeiras (accésit) e Txomin Txueka (accésit).
Na Galería do Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela, do 6 ó 14 de novembro.
Exposición: IMÁGENES JÓVENES 1997
Clásico certame do Injuve que leva xa once edicións, testemuña e crónica da fotografía xove española, nesta ocasión con fotos relacionadas coa loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo. Obras de Antonio Aragón, Tina Bagué, Rafael Carmona, Santos Carretto, José María Cornejo, Ana Costales, Julio Cuadrado, Javier Euba, Juan F. Hebles, Juan Miguel Morales, José Muñoz, Elisabeth Rojas e Miguel Romero.Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Na Casa Grande de Viloira do Barco de Valdeorras, do 18 ó 29 de novembro.
Exposición: IMAXES: GALICIA
«O cambio e as diferencias sempre nos impactan cando chegamos a un novo lugar. Ó principio impóñense os elementos máis evidentes e máis tarde vanse debuxando os detalles. As fotografías desta colección están inspiradas nesta idea. Non desexaría nin podería definir estas imaxes sobre o lugar que agora vivo como as definitivas, senón como un proxecto en crecemento. Auga e pedra foron, probablemente, os elementos que máis me impresionaron nas miñas primeiras visitas a Galicia. Había paisaxes de pedra e auga e paisaxes que, ás veces, podían parecerse a Australia. Dalgún xeito aínda me interesa observa-la choiva do inverno caendo nun cadoiro torrencial ó longo dos arroios nas rúas de pedra. Supoño que é o contraste coas rúas de Sydney onde medrei e onde o mundo semella máis novo e descarado.» Mark Ritchie
Na Sala de Exposicións "A Fábrica" de Allariz, do 1 ó 15 de novembro.
Exposición: RECORDOS ATRAVESADOS
«A fotografía usada caprichosamente, ó xeito das formas manuais de representación. Poderiamos dicir que intentando evita-lo que sempre damos por inevitable nesta arte: a testemuña. Os teóricos dirán que iso non é nada novo pero parece unha observación oportuna cando comprobamos a diario que a maxia da cámara, polas razóns que sexan, aínda nos cativa primitivamente; máis aínda por contraste cos novos sistemas dixitais de representación, que quizais nos fagan ver máis acentuadas estas supersticións. Contradicción sobre contradicción. Algunhas veces na arte parece que non andamos para atrás nin para adiante, pero andar andamos. Vén ser coma o das bruxas. Hai unha ponte, hai xente, hai balcóns, hai un home amarelo, hai recordos, hai manchas, hai coches, hai sucidade, hai area, hai macetas... e mesmo vivencias que cada quen estime grandes ou pequenas. Sen competir coa cámara fotográfica, preséntanse elementos no tempo, no espacio, e o pensamento, ou mellor dito nos ollos, transformadas polo maxín e polo papel de prata.»
Na Galería Visol de Ourense, do 2 ó 10 de novembro.
CURSORcor