13
PUGA Carlos RANNO BUENO Xose RASCON Antonio REY Fernando
Carlos Puga
"Os milagros de Amil"
Xosé Rañó Bueno
"Revelación"
Antonio Rascón Arévalo
"Carmiña"
Fernando Rey Miguel
Sen título
Vigo, 1967
De formación autodidacta, comezou a traballar coa cámara hai xa oito anos. En 1990 iniciouse no mundo da moda como axudante do fotógrafo Javier Herranz. Dous anos máis tarde introduciuse no mundo da prensa, colaborando co semanario A Nosa Terra, ata marzo de 1993. Despois publicou en distintos medios. Desde 1995 traballa no estudio fotográfico de moda e publicidade H.Y.C. e colabora regularmente coa revista Andares gozosos, no seu apartado de tradición galega. Leva participado nos últimos catro "Galicia en Foco". A súa gran paixón e a reportaxe gráfica sobre Galicia.
Vilagarcía de Arousa, 1958
Fotógrafo, músico e cantautor, realizou a súa primeira exposición fotográfica en 1977; desde entón: fixo fotoxornalismo, foi profesor en cursos, obtivo premios en concursos, etc. Entre outras colaboracións merecen destacarse as súas fotos nos últimos CDs de Milladoiro, Iacobus Magnus e As fadas de estraño nome.
Madrid, 1960
Inicios fotográficos en 1993, facéndose socio nese mesmo ano da Real Sociedade Fotográfica de Madrid, onde participa nas súas tertulias e concursos sociais. "A miña forma de facer fotografía é sinxela, fotógrafo os lugares nos que vivo, onde viaxo e as persoas coas que trato. Especialmente importante na miña fotografía é a aldea de Mormentelos, en Ourense, lugar ó que me atopo unido familiar e afectivamente"
A Coruña, 1958
De formación autodidacta, tivo participación en numerosas exposicións colectivas, vistas a maioría delas en distintas edicións do Outono Fotográfico,como ocorre coa individual "A vida en branco e negro". É autor da foto-fixa de numerosas rodaxes cinematográficas, a última este mesmo ano, Arde amor.
Exposición: PENTAGRAMA
«Intentando fuxir da estampa prototípica do músico atopeime de repente, como soen ocorrer estas cousas, cunha imaxe ata agora descoñecida para min: a imaxe de alguén que, envolto na escuridade e abandonado á súa sorte, se agocha tralo seu instrumento intentando arrincarlle os sons cos que nos fala. Fascinado por esta imaxe, pasei preto de dous anos perseguindo músicos polos escenarios. Esta exposición é o resultado desa fascinación».
No salón do Concello de Carballiño, do 3 ó 15 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado. No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposión: FOTOTRABALLO'98
Os premios e as fotografías seleccionadas na segunda edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro), contou cunha dotación de 400.000 pesetas en premios. Fotos de José Luís Abalo Abalo (accésit), Juan Luís Barceló Tafaner, Ana Elías Manén, Concepción Filgueiras Barro, José Antonio Gómez Bernal, Mariano López Gallego, Pol Martínez, Fernando Moleres (1º premio), Xaquín Novoa Sanz, José Edmundo Paz da Cruz, Xosé Rañó Bueno (2º premio), Ricardo Rocha Parga, Mª José Romero Lobeiras (accésit) e Txomin Txueka (accésit).
Na Galería do Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela, do 6 ó 14 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposición: ROMAXES
«Esta é unha pequena parte dun traballo máis extenso sobre as festas e romarías que comecei en maio de 1991, na "nosa señora da Franqueira". Nesta colección de fotografías busco amosar tradicións que, aínda predestinadas a ser enterradas pola industrialización e as modas, perviven nos santuarios e congregan a multitude de devotos. As avoas acoden coas súas roupas doutros tempos, as mortallas, os votos na man e a esperanza de que a Virxe lles conceda a súa petición.»
Na Igrexa da Magdalena de Ribadavia, do 2 ó 30 de novembro.
CURSORcor