10
MATO Xan MAURIZ Nando MAYOL Humberto MEIS Jorge
Xoán Mato
"Panadeiro"
Nando Mauriz
"Fotografando a fotógrafos"
Humberto Mayol Vitón
"Los románticos ángeles de la tierra"
Jorge Meis Díaz
Sen título
A Coruña, 1971
Membro do Colectivo "Ollo de vidro" da Coruña. Monitor de cursos de iniciación á fotografía. Montador de audiovisuais, o último Camiño de Santiago (Ferrol,1996). Exposicións colectivas con "Ollo de vidro" e varias individuais.
A Coruña, 1970
É membro do Colectivo "Ollo de vidro" da Coruña. Monitor de cursos de fotografía. Laboratorista de cibachrome e branco e negro de alta calidade. Realizou traballos de publicidade e moda para varias axencias e diversas editoriais, colaborando tamén como free-lance para axencias de prensa, como Kint I.P. ou Omega. Na actualidade traballa xunto con outros membros do colectivo na elaboración dun manual de iniciación á fotografía de próxima publicación.
Cuba, 1955
Xornalista pola Universidade da Habana. Free-lance cun apretado curriculum e moita obra publicada. Ten fotografías en distintas coleccións de museos e fundacións dos Estados Unidos, República Dominicana, Venezuela e Cuba.
Ferrol, 1967
Graduado en fotografía artística pola Escola Pablo Picasso da Coruña, en 1991, ten un historial cheo de premios (Hofmann, Camiños de Ferro, Xuventude 97...), exposicións e actividades, das que destacámo-las súas mostras, no Estudio Tría de Santiago, e na Galería Dixital, Café Zucre e Centro Cultural Carballo Calero de Ferrol, todas no pasado ano.
Exposición: CATRO MIRADAS
Corenta fotos en branco e negro de catro autores cubanos, Raúl Cañibano, Gonzo González, Cristóbal Herrera e Humberto Mayol nunha mostra posible gracias ó patrocinio do "Centro de la Cultura Comunitaria de Cuba" e o "Fondo Cubano de la Imagen Fotográfica", e na que podemos ollar unha Cuba vista desde dentro, complemento das numerosas mostras que se levan feito coas imaxes tomadas por visitantes.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: ANIMAIS DEMASIADO HUMANOS
De Jorge Meis e Luís Botana
«Se cadra, Luís e Jorge non son conscientes, pero sempre ­tanto ten cal sexa o motivo fotografado­ caen no mesmo exercicio pornográfico: fotografan a súa/nosa alma. Nesta ocasión, o obxectivo escollido como canle de expresión son os animais. Animais urbanitas, fillos bastardos do noso mesmo espacio, das nosas mesmas doenzas. Animais presos dun mal que, seguramente, nós mesmos lles contaxiamos. Tristura, soidade, cansazo, desolación, esperanza. Todo isto está presente nos compañeiros menores de Adán no paraiso de formigón. Animais que nos lembran, ás veces acusadores, que no mundo hai algo máis aló da nosa leira mental. Probablemente o máis complicado das fotos de Luís Botana e Jorge Meis non sexa a parte técnica ou a plasmación plástica ­xa dificil abondo­ do motivo. O reto é poñerse frente por fronte. Corre-la cortina é asomarnos ás súas fotos como a un espello. Un espello no que a nosa alma perde o seu disfrace e fica espida ante nós mesmos e os máis. En todo caso, a aposta paga a pena.» Gabriel Aúz e Serxio González.
No Studio 34 de Ourense, do 1 ó 15 de novembro.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
CURSORcor