1
ABAD Xose ABALO ABALO JL ALONSO Mercedes ALVAREZ Anton
Xosé Abad
Sen título
José Luís Abalo Abalo
"Baixo a chuvia"
Mercedes Alonso
Sen título
Antón Álvarez Formoso
"Bombeiros"
Figueres (Xirona), 1956. Presenta un dos currículos máis interesantes da fotografía galega; nesta ocasión volve ó Outono Fotográfico precisamente polo seu último galardón no I Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, da Deputación da Coruña, do que foi gañador. Do amplo historial subliñemos que foi co-fundador e coordenador da revista de fotografía 40x50 (1985); que participou do proxecto "Cuatro direcciones de la Fotografía contemporánea en España", editado por Lunwerg (1991) e que a revista Foto, no nº 176, lle publicou o cartafol titulado "Inmigrantes"
Caracas (Venezuela), 1959
Leva doce anos de fotoxornalista en Galicia, participando da maioría das iniciativas neste eido e noutras moitas do resto do Estado: "Artes e tradicións populares" (1988), "Jóvenes fotógrafos" (1989), "FotoPress" (1990), "O Barco, 24 horas de fotos" (1994)...
Burgos, 1965
Médica e fotógrafa afeccionada. A fotografía que publicamos, coa que concorreu ó concurso de Médicos do Mundo, foi tomada no campo de refuxiados de Ndawa (Ruanda) en setembro de 1994.
A Coruña, 1968
Membro do grupo fotográfico "Ollo de vidro", co que realiza actividades e exposicións colectivas. Ten estudios na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña e no C.E.I. de Santiago de Compostela. Fixo "Sempre Galicia", exposición individual no Colexio Maior Chaminade de Madrid
Exposición: I PREMIO INTERNACIONAL DE
FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Premios e obras seleccionadas nesta primeira edición do certame que Medicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. Esta fotografía xunto con outras cincuenta integran a mostra.
No Museo Municipal de Ourense, do 20 ó 30 de novembro.
Exposión: FOTOTRABALLO'98
Os premios e as fotografías seleccionadas na segunda edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro), contou cunha dotación de 400.000 pesetas en premios. Fotos de José Luís Abalo Abalo (accésit), Juan Luís Barceló Tafaner, Ana Elías Manén, Concepción Filgueiras Barro, José Antonio Gómez Bernal, Mariano López Gallego, Pol Martínez, Fernando Moleres (1º premio), Xaquín Novoa Sanz, José Edmundo Paz da Cruz, Xosé Rañó Bueno (2º premio), Ricardo Rocha Parga, Mª José Romero Lobeiras (accésit) e Txomin Txueka (accésit).
Na Galería do Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela, do 6 ó 14 de novembro.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: I PREMIO DE CREACIÓN FOTOGRÁFICA "LUÍS KSADO"
A Deputación da Coruña convocou no pasado ano este Premio á Creación Fotográfica co que daba un primeiro paso para integra-la fotografía no seu labor cultural. A mostra recolle ademais do premio que recaeu en Xosé Abad Vidal, unha selección de fotografías que sintetizan o pluralismo conceptual na linguaxe fotográfica, as distintas formas de entende-la imaxe; son obras de Xulio Villarino, Elena Rodríguez, Carlos de Andrés, Vari Caramés, Pablo Gallego, Pedro García Losada, Alberto Martí, Lalo R. Villar, Juan de la Sota e José L. Vázquez Iglesias.Con catálogo propio
Na Casa das Palmeiras de Neda (A Coruña), do 6 ó 22 de novembro.
FIGONcor
CURSORcor