LOGOUTcor
PROXECCIONS
Line
día 16
luns
AUSTRALIA de Mark Ritchie
Entre Sidney e a rexión central de Australia hai máis ou menos 2.000 quilómetros Sydney, como tódalas grandes cidades, está chea de sons, de actividade e de xente. Cando se viaxa estes 2.000 quilómetros ó centro, un enfróntase con paisaxes enormes, cunha cor pura e un mundo de pouca xente. Quizais, a sensación máis conmovedora para un habitante da cidade é o gran silencio.
.
BAIXARSE Ó MORO de Xan Seoane
Fragmento dunha viaxe-aventura a Marrocos no ano 1996.
día 17
martes
PARANOIA EN CORES de María Olano
«Azul, vermello... Branco.
Mar, terra... Vida
Buscando sempre o mellor do momento.
Escápase, remátase, xa se acaba....
Non o intentes gardar, non o reteñas, simplemente disfrútao e recórdao como fago eu aquí.
Sempre cara ó Oeste!!!»
.
DIAPOSITIVAS de Javier Álvarez
«Quem foi que semeou estes pedaços de Africa no mar? Alguém que desejou fundir África e Europa no mesmo sonho no mesmo abraço na mesma voz no mesmo olhar. Cabo Verde Cabo Verde, arquipélago das illas encantadas, no meio do mar atlântico por mâos sagradas» Geraldo Bessavitor.
día 18
mércores
TERRA IGUAL A VIDA do comité de apoio MST (Félix Lorenzo García, Juan Carlos Lorenzo García e Jesús Manuel Sáez Hidalgo).
A loita polo reparto de terra no Brasil é unha prioridade no MST(Movimento dos Trabalhadores sem Terra). Sen terra a xente morre de fame e non albisca o futuro.
.
EXPEDICIÓN CANTONES TROPICALES Coordenación: Club Alpino Manzaneda.
Ó longo do mes de xuño de 1996 os membros do G.E.A. e do G.E. Myotis aventuranse á exploración dos canóns e barrancos da illa caribeña de Dominica. O audiovisual que presentamos non é un relato do ocorrido durante a expedición, senón máis ben unha forma de transmiti-las sensacións que viviron os compoñentes da mesma.
día 19
xoves
NATUREZA VIVA de Xoxe Varela
Devecemos a cotío por viaxar a lugares afastados para contemplar e disfrutar de paisaxes e animais exóticos sen decatarnos de que ó noso carón, en cada recanto, existen formas de vida que nos poden sorprender.
día 23
luns
DEIXA VOAR O TEU MAXÍN do Curso Audiovisuais de FORGA-CIG.de Ourense
Dirección e técnicas: Margot Valcarce.
É un audiovisual cheo de sorpresas visuais e figurativas, onde se mestura a suxestión e a evocación a partir de fondos e formas integrados en imaxes visuais de grande beleza, nunha estética de delirio e fantasía, que mestura a proxección paralela de duas diapositivas alternas de xeito perfectamente sincronizado a composición de cores, liñas e manchas con "Beautifull world".
ou@.fes de Rosa Veiga, Nacho Gómez, Moncho Fuentes, Xian Xiadas Míguez, Otis, Miguel Muñiz e Susana Gil.
Ou dito doutra maneira: "aldea global" con reminiscencias festivas. A www conectada coa tradición. Ourense nun pasado e o mundo en Ourense.
día 24
martes
día 25
mércores
ALGO MÁIS QUE ESCALAR de Quique Alonso
A montaña, as súas emocións e as paisaxes.
día 26
xoves
DIAPOSITIVAS de Santi Míguez
Presento uns diaporamas sen moita conexión entre eles e de curta duración. A temática está baseada nas experiencias cotiás.
día 27
venres
UM CHEIRINHO DE ALECRIM de Rodrigo Ardá
Portugal, estructura monolítica que contrasta cunha realidade pluralista.
.
TIERRA DE FUEGO de Afonso Vázquez-Monxardín
Imaxes destas paisaxes austrais.
.
.
Coordenación da fotógrafa Susana Gil.
CURSORcor