• Sen categorizar

Xurado do I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O xurado estivo composto por Manuel Sendón, profesor de fotografía na Facultade de BB.AA. de Pontevedra e co-director do CEF; Manuel Vilariño, Premio estatal de fotografía; Ângela Mendes Ferreira, directora dos Encontros da Imagem; Xosé Lois Vázquez, Director do Outono Fotográfico; Vítor Nieves, Curador da Sección Oficial do Outono Fotográfico e coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, Encarna Lago, Xerente da Rede Museística de Lugo (representando á Deputación de Lugo) e Mercedes Gallego, Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación universitaria en Ourense (representando á Xunta de Galicia). Exerceu como secretaria Manuela Gallego, secretaria da Fundación Benito Losada.