Xulio Correa

A Coruña 1956

Iníciase como autor autodidacta mentras se diploma como profesor da EXB (1979), participa en Novos Fotógrafos Coruñeses e realiza o curso Técnicas de Cine e Televisión (1982) na Universidade de Santiago. Creceu como autor e profesor participando en acontecementos artísticos, exposicións e impartindo cursos e conferencias. Actualmente dirixe Xulio Correa & Asociados SL, forma parte do Consello Editorial de Hércules de Ediciones e colaboura como profesor na Escuela de Imaxe e Son de Vigo. A súa obra estrutúrase nas series Percorrido, A viaxe Medieval e Take my Picture, entre outras. O seu traballo encóntrase integrado en varias coleccións públicas e privadas e documentado en diversas publicacións, tendo traballado como artista en borrar as fronteiras entre as distintas formas de expresión artística e en ampliar os límites do fotográfico.
Selección de escposicións individuais: Gruporzán, A Coruña, Spectrum, Zaragoza, Bacelos, Vigo, Visor, Valencia, Arte Imagen, A Coruña. Círculo de Bellas Artes, Madrid. Caja Canarias, La Laguna, Tenerife. Fundación Maraya, Madrid.
Colectivamente: Kiosko Alfonso, A Coruña. Palacio de la Magdalena, Santander. Fundación La Caixa, Barcelona. Design Center, Stuttgart. Concello de Zürich, Suiza. Casa de la Parra, Santiago. Casa das Artes, Vigo. Auditorio de Galicia, Santiago. Fundación Caixa Galicia, A Coruña. Centro de Arte Santa Mónica, Barcelona. Museo Cantini, Marsella. Museo do
Pobo Galego, Santiago. Fundación Luís Seoane, A Coruña. Museo de Arte Contemporáneo MARCO, Vigo. Centro Galego de Arte Contemporáneo CGAC, Santiago.

www.xuliocorrea.com

 

<— Voltar a Take my picture