Welcome to… convocatoria aberta para expo

As propostas para o Outono Fotográfico neste 30 anivesario son moitas. Algunhas delas, con organizadores de luxo. Tono Arias, propón para a súas sala Dispara un traballo colectivo que, de seguro, non pasará desapercibido.

 

“Welcome to…” é o segundo proxecto de Dispara, e para el convidan a todos os fotógrafos e artistas que utilizan a fotografía como medio, e que desenrolan o seu traballo en Galiza.

Este proxecto estará incluído na programación do Outono Fotográfico 2012, e plasmarase nunha exposición que se inaugurará na Galería Dispara da Estrada durante os meses do Outono (fecha por confirmar).

O motivo fundamental deste proxecto é facer un homenaxe á POSTAL , e buscan que se envíe unha POSTAL de Galicia, dende unha visión persoal e totalmente libre.

 

As imaxes, podes envialas a dispara@dispara.org faremos unha selección dunhas 60 ou 70 Postais coas que conformaremos unha exposición itinerante, e da que imos intentar editar un catálogo.

Non perdas máis tempo, envía xa as túas propostas, precisan ter as imaxes antes da primeira semana de setembro.

2 Responses

  1. Olá.

    Aqui desde o norte de Portugal também posso participar e enviar as minhas propostas para este projecto? Fotografias, claro, da Galiza? Gracias

    • Vítor Nieves di:

      Olá.
      Vocé podería participar sem problema nengum, pois a convocatoria so pede imagems da Galiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *