Un novo espazo para a fotografía mostra o traballo de Javier Teniente
O novo barrio rehabilitado de Vigo, a 10 minutos do Sireno de Leiro, conta cunha tenda con exposición permanente das imaxes do fotógrafo. Asemade, mostrará exposicións temporais e outro tipo de actividades relacionadas coa fotografía no xardín.
A Javier Teniente Photogallery vén de abrir as súas portas nun dos barrios que semella se convertirá na punta de lanza do alternativismo da cidade olívica.
O espazo, rehabilitado cun bo proxecto, co queda perfectamente integrado no entorno, está cheo das imaxes do fotógrafo, que divide en varias coleccións. A división atende aos prezos e tamaños. Así podemos atopar desde imaxes sobre kappafix de 30 € de 20 x 30 cm, até a serie máis cara en papel de algodón con tiraxe limitada de 120 x 150.
A Photogallery convida a entrar, polo que sempre hai un ir e vir de xente. Ademáis ofrece tamén produtos dirixidos a turistas como as láminas de paisaxes urbanas de Vigo ou vistas das praias das Rías Baixas a un prezo máis que asequible.
Semella que Teniente, ao deseñar este proxecto emprendedor, pensou en todos os públicos e petos. Así ofrece para aqueles que queiran levar un anaquiño do seu traballo marcalibros e postais a euro.
Ao fondo da tenda hai unha grande porta acristalada que comunica cun espazo exterior. O Xardín, que ten saída a outra rúa, está agardando a comezar cunha programación de exposicións itinerantes e outras actividades coma workshops ou proxeccións.
Xa que logo, dende aquí, os parabéns e o desexo de durabilidade.