Reseña das pezas de Espazo7

<– (volta a Espazo7)
 
Iván Prieto (valdeorrés), no seu inconfundible estilo marcadamente propio presenta cinco obras pertences ós seus clásicos collages tan coloridos, e, por outra banda apresentanos tamén unha escultura de pasta de papel e madeira, do seu último traballo, onde racha co fío argumental e conceptual anterior, pero sen perder a súa estética característica.
 
Guillermo Muriel (berciano): Traballa o óleo en trazos toscos e inacabados, os seus lenzos semellan padecer unha constante evolución polo seu aspecto de inacabados. A súa é un arte moi urbana, apresenta tres lenzos de 90 x 116.
 
Arturo Nogueira (berciano): un dos escultores que máis repercusión ten nas dúas comarcas, tanto en Valdeorras coma no Bierzo debido á súa obra pública. Del hai catro obras que pertencen á serie “Cabalos” de bronce e madeira.
 
Chema Serrano (berciano): Practica a arte abstracta. Estudia os trazos, e as texturas dos esmaltes e pigmentos, a interactuación das cores e a mestura de soportes como poden ser os papeis de parede.
 
Reme Carrera (valdeorresa): Reme, despois de moitos anos traballando a pintura chega á madurez, trocando rotundamente o seu estilo, agora traballa a liña, o trazo, e estuda o lápis, A súa temática sae do máis profundo do subconsciente para aflorar en soporte de lenzo no mundo do consciente. Ela concibe a arte como un afán de superación e curación persoal.
 
Elena Gaztelumendi (berciana): É a máis transgresora dos sete. Presenta dúas obras, unha sobre tea, en grande formato, que a poderíamos etiquetar de informalismo mínimal, e a outra é un proxecto de NetArt en soporte dixital titulado “Metapoema”. É unha obra na que o espectador interactúa creando o seu propio poema elixindo os versos, tendo infinitas combinacións.
 
Bruno Santín (berciano): Presenta dúas obras, unha delas un díptico, na que desprega as súas tácticas de collage. Ten un discurso moi actual empregando recortes de imprensa, e revistas de actualidade, emprega tamén menxases gráficos e tipográficos, combinado con madeira, acrílico e cristal.
 
<– (volta a Espazo7)