Preséntase unha nova edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
A Asociación Outono Fotográfico presentará as bases do certame que patrocina a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo no CGAC.
O próximo martes 1 de outubro ás 11.30 horas da mañaá serán presentadas as bases da sétima edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, momento a partir do cal, quedará aberta a convocatoria.
Este é un Premio moi agardado no mundo da fotografía, xa que é o que goza de mais prestixio do noso País, e ano após ano está a conseguir posicionarse internacionalmente.
Na presentación, que será na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporáneo (Compostela) estarán Anxo Lorenzo, Director Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura, en representación da Xunta de Galicia, Maite Ferreiro Tallón, Vicepresidenta e Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüistica da Deputación de Lugo, Vítor Nieves, coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea e Xosé Lois Vázquez, director do festival Outono Fotográfico.