O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea expón o traballo de Miguel Auria no Espazo de Arte Roberto Verino
«Nihil» foi un dos proxectos finalistas da edición do Premio deste ano, un ensaio fotográfico que xoga cos límites do real mesturando música e fotografía cunha estética romántica novecentista.
As fotografías de «Nihil» captan o contraste entre o efémero e o eterno, tratando de encerrar nunha imaxe instantes fugaces que pasan a ser imperecedeiros. Mais esta non é a única dicotomía que apreciamos na obra, xa que a produción artística de Miguel Auria reflexa a súa faceta de artista plástico e músico. «Nihil» ten a súa orixe no carto movemento da Sinfonía nº3 en re menor de Gustav Mahler, movemento que no seu momento tivo por título “O que me di a noite”. A voz e os acordes cos que comeza evocan a inmovilidade da noite, a mesma sensación de quietude que transmite Miguel nas súas fotografías. Por último, a orquestra e a solista elevan a súa voz e cantan xuntos á eternidade, un vínculo entre a fin e a desesperanza que sentimos na obra do ourensán e co que quere impactar emocionalmente ao espectador/a.
«Nihil» é un proxecto a modo de camiño vital a través do que acompañamos ao artista por un percorrido marcado polo misterio e no que a néboa non nos deixa ver, a penas nos permite avanzar e deixa a nada como única resposta ás nosas preguntas.
Miguel Auria (Ourense, 1985) estudou Fotografía Artística na Escola de Arte Antonio Faílde y participou en formacións con reconocidos artistas como Manuel Outumuro o Joan Fontcuberta. Ademais, realizou a especialidade de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Ten participado en diferentes certámenes e exposicións colectivas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no Museo de Arte Contemporánea da Coruña, na Casa da Xuventude de Ourense ou na Universidade de Compostela.
A exposición inaugúrase o luns 5 de novembro e poderá visitarse ata o 19 de decembro.