Para saber mais de fotografía documental e street photography
Unha formación teórico-práctica e a prezos populares da man do fotógrafo documentalista Jose Romay e da Universidade de Vigo para profundizar nesta especiadlidade fotográfica.
O curso terá lugar os días 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22 e 24 de outubro entre as 16:00 e 20:00 horas na Casa das Campás (edificio da Vicerreitoría da Universidade de Vigo). Ao longo da programación iránse debullando todas aquelas materias que se deben coñecer para entender ou practicar esta fotografía, como a historia e a técnica.
Jose Romay (Pontevedra, 1978) a parte de documentalista social é un estudoso e grande apaixonado destes dous tipos de fotografía. Coleccionista de libros, revistas e artígos sobre o tema, o que o convirte nun guía máis que axeitado para o ensino dos autores e movementos máis importantes das dúas disciplinas na historia da fotografía así como as técnicas que usan os fotógrafos máis destacados para que o alumnado se poña na pel deles en exercicios prácticos nas rúas de Pontevedra. O curso será un bo punto de inicio para a creación dun porfolio propio e punto de encontro e apoio entre fotógrafos e asistentes.
As inscripcións poderán facerse a partires da segunda quincena de setembro na propia Casa das Campás (Tel. 986 80 20 80)