Os profesionais da fotografía galega valoran positivamente os cambios no Outono Fotográfico

A renovada maquetación do libro, a estructuración do festival en seccións, o xeito de comunicación adaptado aos tempos, e a definitiva internacionalización, valéronlle aos profesionais para loubar ao festival galego da fotografía.

Retomo a actividade deste blogue para falar xusto da avaliación do OF, logo de estar en silencio durante o desenrolo do festival por non ter tempo de escribir novos posts. Que sirva esto como excusa, e que vaian as miñas desculpas por diante.

O que mais destaca da edición do 2012 do festival galego de fotografía foi a presenza na prensa, moito mais intensa que nas anteriores edicións, chegando a estar presente en medios especializados e en medios xeralistas mais alá das fornteiras ourensás, e por suposto, galegas.

Outra das teimas que se propuxeran para este trinta aniversario fora a internacionalización definitiva do festival. Esta debía ser con presenza noutros países, é dicir, non chegaría con poñer o apelido “internacional” a seguir do nome, aludindo á carteira de fotógrafos estranxeiros que conforman o cast do festival cando este non sae mais alá da aldea ou cidade. A internacionalización debía ser presencial, e era o obxectivo mais difícil de acadar. A presentación do OF no Paraty em Foco de Rio de Janeiro (tamén en Barcelona) foi un grande paso para conseguilo, sumada ás colaboracións e intercambios que se tiveron con galerías de São Paulo, que nos vindeiros anos se intensificarán. Os contactos feitos en Brasilia tamén verán a luz na vindeira edición.

As críticas recibidas tamén deron en salientar a calidade das exposicións. Asemade, o feito de aglutinar aos autores en torno ás distintas seccións do festival (Oficial e Outono Aberto) foi un acerto que achegou un pouco mais o OF a aqueles mais críticos.

As redes sociais, nas que este ano o OF se meteu de cheo, resultaron ser un revulsivo para a exposicións de exposicións, e o feedback recibido foi moi ben valorado. A páxina de facebook, que chegou a gañar 300 seguidores en 15 días, o twitter con RT constantes ou flickr e youtube con múltiples visitas diarias fixeron o labor de espallar as novas que se lanzaban desde o staff do festival.

A páxina web renovada, en imaxe, navegación e contidos, foi a que máis notou o incremento de visitas dos navegantes, sendo estes case 15.000 no período de dous meses que dura o Outono Fotográfico.

O libro do Outono Fotográfico, presentado en Ourense e Compostela por primeira vez, tamén sufriu cambios, achegándoo a un libo de fotografía e perdendo o carácter de catálogo que tivera ata a edición do 2.011, cousa que gustou sobre todo ao sector máis profesional da fotografía galega.

Claro que non todo ía ser bo. E é que nesta última edición os prazos se dilataron para favorecer o ritmo de traballo dos autores, o que fixo que se adiara o planning inicial, cousa que se corrixirá, na medida do posible, na vindeira edición de 2.013.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *