Os creadores con teléfono móbil van gañando terreo

Nos últimos anos cada vez son máis os artistas que usan dispositivos diferentes aos que eran habituais para realizar as súas imaxes. A inmediatez e a facilidade dos teléfonos móbiles suplantan a calidade técnica na maioría dos casos, máis moitos artistas conseguen unha linguaxe propia que non lle da a cámara.

Co fin de profundar na linguaxe fotográfica co teléfono móbil como ferramenta, Lo Más Mínimo (formada por Carlos Puga e Xaquín Rosales) convoca a tod@s @s interesad@s residentes en Galicia para participar no proceso de selección dos proxectos que conformasen a primeira exposición MOVIL_FOTO_CREA, que se celebrará en Cambados entre os meses de Setembro e Novembro de 2013.
Esta exposición organizada e comisariada por Lo Más Mínimo formará parte do Outono Fotográfico de 2013, levaráse acabo no Pazo Torrado en Cambados, sendo esta unha exposición colectiva no seu concepto como “O teléfono móbil como instrumento para a creación dunha linguaxe visual”, onde cada autor terá o seu espazo propio, para que este funcione como unha exposición individual.
Para participar será necesario o envío dun proxecto de temática libre, en formato dixital e en baixa resolución antes do 30 de Agosto de 2012, ao seguinte correo electrónico: lomasminimo@gmail.com , confirmarase a recepción por leste mesmo medio.

Consulta as BASES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *