O xurado do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2015 xa ten seleccionadas
O Premio que convoca o festival Outono Fotográfico xa ten seleccionadas para esta terceira edición.
De xeito unánime, o xurado decidiu parabenizar ás e aos participantes pola grande calidade dos proxectos apresentados, e pola implicación e cumplimento de bases, facilitando o traballo das e dos membros do xurado. Foron presentados traballos moi diversos e chegados de 5 países, o que confirma a consolidación do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Ademais, decidiuse maioritariamente comunicar personalizadamente no mesmo día de hoxe os proxectos que foron descalificados por incumplimento de bases, que foron unha porcentaxe anecdótica.
O xurado do III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, estivo conformado por Patrícia Veloso, Diretora do festival Encontros de Agosto de Fortaleza (Brasil) Curadora e editora; José María Díaz Maroto, Fotógrafo e conservador do fondo fotográfico do Centro de Arte de Alcobendas; Xosé Manuel Buxán Bran, Profesor na facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo), Diretor da Sala Alterarte de Ourense e Curador; Encarna Lago, Xerente da Rede Museística de Lugo, por parte da Deputación Provincial de Lugo; Mercedes Gallego, Delegada Territorial da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Ourense, por parte da Xunta de Galicia; Xose Lois Vázquez, Fotógrafo, Editor e Diretor do festival Outono Fotográfico; Vítor Nieves, Curador da Sección Oficial do OF, Coordinador do Premio e fotógrafo. Actuando como secretaria (sen voz nin voto) Manú Gallego, secretaria da Asociación Proxecto Benito Losada.
Este Premio que organiza o Outono Fotográfico desde hai tres anos é patrocinado pola Xunta de Galicia e pola Deputación Provinvial de Lugo.
Os tres traballos seleccionados deste ano 2015 son:
Piccadilly, de ANA RELLO
Renacer, de EVA DÍEZ
Percorridos, de IVÁN ÁLVAREZ MERAYO
O xoves teremos xa o nome da gañadora ou gañador.