O xurado decide dar o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2015 a Eva Díez
O certame lanzado polo festival Outono Fotográfico e co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo premia nesta terceira edición ao traballo «Renacer» da fotógrafa Eva Díez.
O premio ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Pretende promover a creación dun espazo fotográfico no noso País que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores e autoras tanto nacionais como estranxeiros.
O PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA premia coa produción dunha exposición e a edición dun libro, ademais da posta en valor do traballo gañador itinerando a mostra e distribuíndo a publicación. Ten unha dotación de 12.000 euros, o que o sitúa nun dos premios fotográficos mellor dotados da península. O premio desenvolvese no marco do festival Outono Fotográfico e co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
O xurado, que visualizou proxectos chagados desde varios países, estivo este ano composto polo curador e profesor de Belas Artes X.M. Buxán Bran; o fotógrafo e conservador da Colección Alcobendas José María Díaz Maroto; a directora do Festival Encontros de Agosto de Fortaleza, Brasil; o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o curador da sección oficial do festival, Vítor Nieves; Encarna Lago, xestora da Rede Museística da Deputación de Lugo e Mercedes Gallego representando á Xunta de Galicia, facendo como secretaria Manu Gallego, secretaria tamén da Asociación Proxecto Benito Losada.
“Renacer” de Eva Díez é un proxecto fotopoético que pon en marcha de forma radical as oposicións esencias da fotografía: luz e escuridade, primeiro plan e plano de fondo ancorados por insinuacións de plans medios, vacío e porén presenza máis alo do que vemos… e unha certeza: a extraordinaria beleza que non por elo deixa de ser inquietante. Percorre un camiño por casas abandoadas que máis parecen sonos con pazos encantados.