O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea inaugura en Lugo a exposición de Alfonso Almendros

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle «To name a mountain», un ensaio fotográfico con historias en varias capas que entrelazan acontecementos históricos, historia da arte e microrrelatos autobiográficos.

INVITACIÓN-INAUGURACIÓN-To-name-a-mountain---V-Premio-Galicia-de-Fotografía-Contemporánea-[web]O certame lanzado polo festival Outono Fotográfico, co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo premiou nesta edición o traballo de Alfonso Almendros, un completísimo ensaio onde as historias se tecen en diversas capas nas que podemos atopar o medo, o amor, o desexo, a dor, a desesperación e o desamor.

A exposición inauguraráse o martes día 28 de novembro ás 20 horas no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo en presenza do propio artista que explicará de primeira man o proceso criativo e o miolo do ensaio. Canda el estarán Vítor Nieves, curador da exposición e coordinador do Premio, Xosé Lois Vázquez, director do festival Outono Fotográfico así como a Xefa de Área de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo, Mª José Gómez Rodríguez e Pilar García Porto, Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo.

O traballo de Alfonso Almendros entronca á perfección co obxectivo do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. «To name a mountain» parte da viaxe que emprendeu o paisaxista Albert Bierstadt en 1863 a través das Montañas Rochosas co seu amigo Fitz Hugh Ludlow. O paisaxista ficou deslumbrado coa vista da descomunal montaña e fixo varios bocetos que despois convertiría en pinturas. Ademais foi tomando notas que logo transformou en libro no que relatou a dificultade en chegar ao cumio comparándoa coa imposibilidade de obter o amor da muller do seu amigo. Almendros apropiase de histora e imaxes para nos falar da súa propia, a través de pasaxes da historia da fotografía (Bierstadt foi tamén un dos “pais” da fotografía), e con recursos plásticos que rinden homenaxe ao medio, demostrando a paixón do autor pola fotogrfía.

A exposición «To name a mountain» de Alfonso Alemendros estará en Lugo até o 8 de xaneiro, momento no cal comezará a súa itinerancia polas 7 cidades galegas, alén de localidades portuguesas e do resto do Estado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *