O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea expón a Eva Díez en Vigo

O certame lanzado polo festival Outono Fotográfico co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo expón «Renacer» o ensaio fotográfico nomeado Premio Galicia Fotografía Contemporánea 2015.

IMG_7247O traballo da viguesa Eva Díez é un proxecto fotopoético que pon en marcha de forma radical as oposicións esencias da fotografía: luz e escuridade, primeiro plano e plano de fondo ancorados por insinuacións de planos medios, vacío e porén presenza máis alo do que vemos. «Renacer» traballa cunha certeza: a extraordinaria beleza que non por elo deixa de ser inquietante. O ensaio fotográfico fai un percorrido a través dun camiño por casas abandonadas que máis parecen imaxes oníricas extraidas de sonos con pazos encantados.

A inauguración da exposición está prevista para as 20 horas do 1 de decembro na Sala II da Sede Afundación Vigo e contará coa presenza da propia autora e membros da organización.

A exposición, producida polo Premio, chega á Sede Afundación de Vigo logo de estar en Lugo, Ourense, Braga, Lisboa, Ourense, Valladolid, Segovia, e Fortaleza (Brasil), e seguirá a súa itinerancia ao longo de 2018.

Ademais, como cada ano, o Premio editou un libro homónimo que é parte da colección OF da editorial Difusora.

O PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA premia coa produción dunha exposición e a edición dun libro, ademáis da posta en valor do traballo gañador itinerando a mostra e distribuíndo a publicación. O Premio desenvolvese no marco do festival internacional Outono Fotográfico e co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Nesta edición, o xurado, que visualizou proxectos chagados desde varios países, estivo este ano composto polo curador e profesor de Belas Artes X.M. Buxán Bran; o fotógrafo e conservador da Colección Alcobendas José María Díaz-Maroto; a directora do Festival Encontros de Agosto de Fortaleza (Brasil) Patrícia Veloso; o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o curador da sección oficial do festival, Vítor Nieves; Encarna Lago, xestora da Rede Museística da Deputación de Lugo e Mercedes Gallego representando á Xunta de Galicia, facendo como secretaria Manu Gallego, secretaria tamén da Asociación Proxecto Benito Losada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *