O Outono Fotográfico sitúa Finis Terre en Compostela

O festival internacional de fotografía leva á galería Sargadelos de Santiago o traballo de Marta Moreiras.

finis_terreO segundo andar da mítica sala da rúa Nova compostelá exporá Finis Terre, un traballo da fotógrafa Marta Moreiras sobre a paisaxe no litoral galego.

As imaxes que compoñen a exposición fan unha nova lectura das vistas da costa, onde o mundo atopa o seu fin. Nelas a paisaxe vólvese territorio dando igual tratamento ao natural e ao creado polo home.

O espazo escollido polo Outono Fotográfico para que Marta Moreiras interveña, non pasará desapercibido, pois a autora crea un ambiente expositivo que xera a obriga no espectador de centrarse unicamente nas imaxes que son presentadas como luces flotantes na escuridade, illándoas así dunha contorna para crear iconas cargadas da luz típica da costa galega.

A exposición poderá visitarse até o 5 de xaneiro en horario comercial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Vítor Nieves.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver a política de cookies. Se continúas navegando estás a aceptala!    VER
Privacidad
Call Now Button