O Outono fotográfico presenta a programación para este ano
O festival galego de fotografía ten xa ultimado o programa desde hai días. Tanto é así que algunhas das súas exposicións xa teñen aberto as súas portas aos visitantes como a que presenta o Grupo Fotográfico .11 na sala El Cercano en Ourense, as “Postais desde Xapón” de Nuria Vila que se expoñen na Foteca de Tui, ou a proposta mais intimista de Tono Arias, “Nós” que se poderá visitar até o 11 de novembro no Centro Cultural de Conxo, en Santiago.
A presentación oficial da 30ª edición do Festival Outono Fotográfico terá lugar o xoves 25 de outubro ás 12:00 horas no hotel NH Ourense (Celso Emilio Ferreiro, 24).