O Outono Fotográfico chega ao ecuador renovando as exposicións das salas galegas
O festival internacional de fotografía chega xa ao seu ecuador con 69 exposicións abertas a día de hoxe e outras 34 que se inaugurarán até finais de decembro.
Entre as exposicións que quedan por abrir, cabe destacar a itinerancia de “Posesións para un esquecemento” de Daniel Díaz Trigo, I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que logo de pechar no Museo Municipal de Ourense irá ás salas de AFundación na Coruña, Ferrol e Vigo. Tamén en Vigo, Isra Cubillo mostrará “ El noroeste y otras cosas”.
Esta mesma fin de semana terá lugar na Estrada a inauguración de “Urlaub” de Irene Cruz, un traballo que deu a volta por festivais de medio mundo. A autora impartirá unha masterclas para os que se acheguen á galería Dispara o sábado.
Na cidade que supón o centro neurálxico para o Outono Fotográfico abrirán ao público 7 exposicións máis, como as que veñen de man do festival Encontros da Imagem, que mostran os traballos de Tito Mouraz e Sanne de Wilde.
Tamén en Ourense na galería Photo Art esxponse un proxecto de Ana Luísa Pinto nacido para internet onde acadou picos de audiencia que puxeron o foco para converterse en exposición: The alphabet tales.
En Portugal quedan tamén inauguracións como a de João Augusto Madureira “Impressoes de identidade” en Chaves ou “Geometría de ecos” de Carla Andrade que se poderá ver no Instituto Portugués de Fotografía do Porto a partires do 12 de decembro.